Unha dorsal anticiclónica disparará os termómetros en Galicia por riba dos 30 graos

O mércores e o xoves serán os días máis calorosos da semana, con valores térmicos que superan a media de maio

Despois das paisaxes invernais da última semana, a situación meteorolóxica en Galicia dá un xiro radical. A comunidade arrinca a semana cun tempo anticiclónico. Este luns será unha xornada de transición na que dominarán as altas presións, que se establecerán de maneira progresiva. Será a partir do martes cando se impoñerá unha dorsal que subirá as temperaturas por riba dos 30 graos, unha situación térmica elevada para a época do ano. Deste xeito, as borrascas atlánticas e as súas alertas por terra e mar tomaranse unha pausa no territorio galego, aínda que non se descarta algún episodio chuvioso de cara á fin da semana.

Un bloqueo anticiclónico rexe a situación atmosférica desta segunda semana de maio. Mentres que o luns será un día de ceos parcialmente nubrados e incluso con algún chuvasco ocasional ao norte, o martes as temperaturas empezan a despuntar. As altas presións atoparanse ao norte da península, segundo explica MeteoGalicia, “collendo a Galicia no seu radio de acción”. Isto suporá que a partir do mediodía os ceos estarán despexados ou pouco nubrados. Así, Pontevedra chegará ata os 25 graos. Iso si, a mínima para esta provincia é de 6 graos. Nunha situación parecida atoparase Ourense, cuxos valores partirán dos 7 graos ata alcanzar os 24 ao longo do día.

Publicidade

O mércores chegará aire cálido procedente do sur. Será un día moi caloroso para todo o territorio galego, os ceos poden estar parcialmente nubrados pero non impedirán o paso do sol. Os termómetros dispáranse en toda a comunidade, cun ascenso de temperaturas nas máximas e mínimas. As provincias de Pontevedra e Ourense poderán chegar aos 30 graos; Ferrol, Lugo, Santiago e A Coruña situaranse entre os 25 e 27. Unha xornada similar será o xoves, onde non se agardan cambios significativos no que respecta ao meteorolóxico. Galicia segue baixo a influencia das altas presións e aumentan lixeiramente as temperaturas. Así, Ourense pode superar os 30 graos; Pontevedra, Vigo, Lugo e Santiago de Compostela roldarán os 28 e 29; e para Ferrol e A Coruña agárdanse 27 graos.

https://twitter.com/AEMET_Galicia/status/1787415651214123511

O tempo seco estenderase toda a fin de semana, aínda que a probabilidade de precipitación xa medra a partir do luns. As temperaturas descenderán dende o sábado, e a previsión apunta a que se recuperen os valores térmicos máis normais para este período, deixando atrás as temperaturas que superan a media habitual para maio. Mario Picazo en eltiempo.es apunta que nos últimos días da semana o anticiclón desprazarase cara ao Mediterráneo, deixando “vía libre” a novas borrascas atlánticas. O que se podería traducir nun domingo de nubosidade e con algunha precipitación en Galicia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados

Galicia vivirá unha xornada astronómica única: o máximo das Perseidas chega tras a eclipse total de Sol

As condicións serán favorables para contemplar ata 200 meteoros por hora durante a noite do 12 ao 13 de agosto, con nubosidade prevista no norte da comunidade

Nubosidade no norte, risco de incendios no sur e calor: esta é a previsión para o día da eclipse total en Galicia

A Aemet alerta de cúmulos baixos no litoral, mentres o interior estará marcado por alertas amarelas e laranxas polas temperaturas máximas elevadas