O tempo cambiará de maneira radical en Galicia: volve a chuvia e caen as temperaturas 10 graos

A partir do luns, unha fronte fría asociada a unha borrasca atravesará a comunidade

Unha dorsal anticiclónica está provocando uns días de tempo estable e moi calorosos na comunidade. Esta fin de semana estará marcada pola influencia das altas presións, con todo, unha pequena vagoada provocará algún chuvasco treboento no interior da comunidade. Será a partir do luns cando a situación meteorolóxica dea un xiro radical coa entrada dunha fronte fría asociada a unha borrasca que traerá chuvia, pero non será moi abundante en xeral. As temperaturas caerán ata 10 graos, situándose en valores baixos para a época do ano. Con todo, é probable que se recupere a influencia anticiclónica de cara a finais da semana que vén.

As temperaturas superarán este venres os 30 graos. A entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera deixará algo de inestabilidade durante esta xornada, con posibilidade durante a tarde de que se rexistre algún chuvasco treboento no interior da comunidade. O sábado será un día similar, aínda que as precipitacións desprazaranse cara ao leste das provincias de Lugo e Ourense. Ourense, Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra roldarán os 30 graos; Ferrol e A Coruña rexistrarán uns valores máis frescos, con 18 e 17 graos, respectivamente. A xornada comezará con néboas costeiras nas primeiras e últimas horas do día.

Publicidade

MeteoGalicia define o domingo como o “último día desta secuencia de días de influencia anticiclónica sobre Galicia”. Desta maneira, agárdanse bancos de néboa matinais, para dar paso a ceos despexados. As temperaturas empezarán a baixar en todo o territorio galego. Segundo explica eltiempo.com, as altas presións “progresarán cara a península escandinava, comezando un novo patrón de bloqueo”, o que deixa a porta aberta ás borrascas atlánticas.

Unha pequena vagoada deixaará chuvias no leste das provincias de Lugo e Ourense. Foto: eltiempo.com

A partir do luns, unha fronte fría asociada a unha borrasca centrada ó suroeste de Irlanda atravesará Galicia, provocando precipitacións ao longo de todo o día, e movéndose cara ó leste pola tarde. No portal eltiempo.es explican que esta fronte será a “chave que abre a porta a unha masa de aire máis fría que irá deixando precipitación polo norte con maior contundencia”. Como consecuencia, as temperaturas descenderán moderadamente. A probabilidade de chuvia será máis intensa nos primeiros días da semana, e os valores térmicos serán baixos para a época do ano. Todo apunta a que, co avance da semana, a comunidade recuperará a influencia anticiclónica.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura