Unha viaxe ao pasado de Galicia: 4.000 anos de historia nun mapa interactivo

Chronas é unha ferramenta web con máis de 50 millóns de puntos de datos que abranguen dende o 2000 a. C.

É posible condensar a historia mundial nun só mapa? O desenvolvedor de programas Dietmar Aumann foi o primeiro en realizarse esta pregunta, xa que buscaba por internet unha ferramenta ao estilo de Google Maps, pero, da historia. O seu obxectivo era deseñar un recurso interactivo que permitese retroceder no tempo ata 4.000 anos para coñecer as personaxes históricas máis importantes, as batallas, as relixións ou os movementos migratorios. Así foi como creou Chronas, unha aplicación colaborativa inspirada en Wikipedia e que conta con máis de 50 millóns de puntos de datos a consultar, o que permite unha viaxe á Galicia do pasado con só unha ollada.

Este recurso toma o período do 2000 a. C. ata o o 2.000 d. C. A súa visión global permite coñecer a conectividade dos episodios históricos, como saber “que pasou en Asia cando Roma dominaba en Europa”, explicou o seu creador cando saíu á luz Chronas. O conxunto de datos é moi amplo e para descubrilos basta con realizar uns sinxelos movementos coa ferramenta: un deslizador na parte inferior do mapa permite desprazarse atrás no tempo ata o ano que o usuario requira.

Publicidade

Con só posicionar o cursor do rato sobre calquera parte do globo, Chronas aporta información básica do lugar: gobernante, cultura e relixión. Nas mesmas pódese indagar a través dun panel lateral con información de Wikipedia e da información que compartiron outros usuarios. Por exemplo, en 1188 Galicia formaba parte do Reino de León, o seu rei era Afonso VIII e a lingua que se falaba era o galego-portugués. No panel esquerdo pódese atopar o botón “Descobre” onde se enmarca todo un banco de imaxes relacionadas coa historia, como por exemplo, as armas das batallas.

Chronos ofrece mapas interactivos para viaxar ao pasado e descubrir eventos históricos, personaxes e batallas.

Outras das vantaxes que ofrece Chronas é que permite unha busca aleatoria, de maneira que poden saltar nomes tan relevantes na historia galega como o escritor Camilo José Cela. No lateral esquerdo, pódese escoller a opción “migración”, que amosa os movementos de poboación no período histórico a escoller. Tamén, unha ferramenta práctica é a de “coleccións”, que permite agrupar artigos e recursos a partir dun feito histórico. A maiores, Chronos inclúe un xogo para identificar lugares e fitos históricos. Outra das vantaxes da aplicación é a reprodución automática, que simula a unha viaxe a través do tempo e aporta información de cada episodio bélico. Incluso, o usuario pode escoller cantos segundos vai permanecer en cada período temporal.

Publicidade

A plataforma finánciase a través de doazóns, xa que é un proxecto colaborativo no que cada persoa pode aportar o seu gran de area. Polo momento, o proxecta está en fase beta, de maneira que esta primeira versión pode conter algún problema á hora da interacción. No caso de que sea así, é recomendable probar noutro navegador web.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla