Novo episodio de mortandade masiva de marisco nas Rías Baixas

A Confraría da Illa de Arousa lamenta a gran perda de moluscos e achaca a catástrofe a un vertido ou á temperatura da auga

Esta vez foi na praia da Canteira, na Illa de Arousa. Foron os vixiantes da Confraría os primeiros en toparse cun manto de cadáveres na beira do mar: navallas, ameixas e longueiróns cubrían a area. Inmediatamente chamaron á Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) e co Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), para que os biólogos recollesen mostras.

A presidenta da OPP20, Inma Rodríguez, explica que leva mariscando toda a vida e que nunca vira tal cantidade de marisco morto na praia. Non quere aventurarse en asegurar a cantidade de moluscos que perderon, pero asegura que “moitos quilogramos de marisco”. De feito, as mariscadoras tiñan sementada toda esta zona para a campaña de Nadal. Na súa opinión, esta catástrofe pode estar relacionada con algún vertido ao mar ou tamén coa variación da temperatura da auga. Aínda que estes días o termómetro marca valores estables.

Publicidade

A praia da Canteira, na Illa de Arousa, cuberta de marisco morto. Foto: OPP20

Dende a Confraría da Illa da Arousa agardan con preocupación os resultados do Intecmar. Temen que o resto do marisco sementado teña algún tipo de afección e non se poida recoller. A Ría de Arousa atópase nas súas horas máis baixas. Os eventos extremos derivados do cambio climático non deixan de traer desgustos aos traballadores do mar. As organizacións de produtores alertan da falta de ameixa e berberecho pola subida da temperatura da auga. Ocorre o mesmo coa mexilla, a cría do mexillón, pola falta de calcio do mar derivado da extracción masiva ao longo de décadas, sen repoñer nas augas o carbonato cálcico necesario para que estas criaturas medren.

Hai cuestión de semanas ocorreu algo similar na Lanzada, cando, coincidindo cunha aguda subida da temperatura do mar, apareceu a praia repleta de exemplares mortos de navalla. A Consellería do Mar está sendo a encargada de estudar o sucedido, mais apunta que os termómetros marcaban uns 20 graos aqueles días e puido ser a causa da morte. De momento, informa que os resultados tardarán en coñecerse.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies