Os investigadores dubidan sobre as causas da morte masiva de navallas na Lanzada

A Consellería do Mar e o Intecmar estudan se o quecemento das augas é un dos motivos do suceso acontecido este martes

Centenares de exemplares mortos de navalla atopáronse onte na praia da Lanzada, nos municipios do Grove e Sanxenxo. O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño en Galicia (INTECMAR) e a Consellería do Mar son as institucións encargadas de investigar a causa da morte deste molusco. Os biólogos están realizando os traballos pertinentes e prefiren non adiantar as causas de morte, mais non descartan que sexan as altas temperaturas que está sufrindo o Atlántico Norte as que puidesen propiciar esta catástrofe.

É unha mortandade masiva de navallas, coquina e longueirón. Dende a Confraría de Pescadores do Grove non se atreven a adiantar acontecementos, e mantéñense á espera de que a Xunta confirme os resultados dos estudos, non sen preocupación polas consecuencias que isto poida ocasionar nas súas actividades extractivas de marisco. Nos últimos días as augas rozaron os 20º, unha temperatura moi elevada e á que estas criaturas mariñas non están acostumadas.

Publicidade

Varios mergulladores tomaron mostras ao longo do martes, explican dende a Confraría, e buscaron outros moluscos no mar que aínda tivesen carne para poder estudalos, xa que a praia principalmente se encheu de conchas. A bióloga da Confraría de Noia, Liliana Solís, considera que o máis probable é que quedasen sen osíxeno, máis estráñalle que a morte se deba exclusivamente á temperatura do mar. Recoñece sen dúbida que a variación da temperatura é unha posibilidade, pero de momento “todo son hipóteses”.

O quecemento dos océanos de todo o planeta é unha gran preocupación por parte da comunidade científica. A anomalía nas temperaturas deixou esta fin de semana miles de peixes mortos na costa de Texas, en Estados Unidos (EE.UU.), cubrindo a praia con exemplares xa en estado de descomposición.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O microbioma do océano: cando un órgano invisible decide quen sobrevive

Non se trata só de microbios illados, senón de comunidades completas de bacterias, virus, arqueas e protistas, xunto coa súa información xenética e os compostos químicos que producen

O verán europeo terá ata 42 días máis en 2100 se continúan as emisións

Un estudo internacional no que participa o investigador da UDC Armand Hernández alerta dunha estación cada vez máis longa e intensa

Un informe alerta que a Terra está nun punto de non retorno: “A habitabilidade está en xogo”

O quecemento global está preto de superar os 1,5º, algo que desencadeará, segundo o documento, eventos catastróficos como a perda do 99% de arrecifes de coral

Un estudo de ‘Nature’ culpa a industrias como Repsol de dúas ondas de calor en Galicia

A investigación sitúa á empresa, cunha refinería na Coruña, no posto 52 das contribuíntes ao quecemento climático e os seus efectos en territorio galego en 2018 e 2022