Galicia vive un xullo especialmente fresco no ano en que a Terra acada o récord de calor

A temperatura media en Vigo é de 19,8 graos e de 20 en Santiago

Xullo é o mes máis caloroso a nivel global dende que existen rexistros segundo datos da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), cunha temperatura media de 16,95 graos celsius. O 6 de xullo foi ademais o día máis quente nunca antes rexistrado. Mentres que as temperaturas na península tamén acadan valores insólitos durante este verán, Vigo anota o segundo xullo máis fresco en 11 anos. A temperatura media, segundo datos de MeteoGalicia, foi de 19,8 graos, só superada en 2021 e 2012, que caeu ata os 19,2. Santiago tamén logra unha temperatura media de 20 graos. Unhas diferencias moi pronunciadas e que evidencian a influencia atlántica.

Cal é o motivo destas temperaturas? O anticilón das Azores está situado máis ao oeste que o normal. A isto, súmaselle a presenza de vaguadas no Atlántico norte que alimentan as borrascas, impedindo que o anticiclón se mova. Na actualidade, unha fronte fría mantén Galicia cos ceos cubertos e algunhas precipitacións polo menos ata o domingo. “O clima extremo que afecta a millóns de persoas en xullo amosa a dura realidade do cambio climático e anticipa o futuro”, advertiu nun comunicado o secretario xeral da OMM, Petteri Taalas, que apuntou que “a necesidade de reducir os gases de efecto invernadoiro é maior que nunca”.

Publicidade

Os datos do Servizo de Cambio Climático Copernicus (C3S) da Unión Europea establecen que a media mensual de 16,95 graos, elaborada con datos dos 23 primeiros días de xullo, supera o anterior récord para un mes, que estaba situado en 16,63 graos en xullo de 2019. De feito, o mes pasado, xuño, foi o máis cálido dende que existen rexistros, 0,5 graos por enriba da media entre 1991 e 2020 e máis que no récord previo, xuño de 2019.

Temperatura global nos primeiros 23 días de xullo. Foto: Copernicus

Récord de temperaturas para o Atlántico Norte

O sistema europeo afirmou que as temperaturas de xuño alcanzaron niveis máximos no noroeste de Europa, parte de Canadá, Estados Unidos (EE.UU.), México, Asia e o oriente de Australia. Tamén Copernicus identificou que as temperaturas da superficie dos océanos acadaron récord en xuño con “temperaturas anómalas” no Atlántico Norte. En definitiva, mentres que o resto do mundo está a sufrir días abrasadores, Galicia resiste ás ondas de calor.

Publicidade

Os récords de xullo prodúcense nun momento no que o clima global está influenciado polo fenómeno de El Niño, que provoca un aumento de temperaturas en moitas rexións do planeta. O secretario xeral da ONU, António Guterres, alegou que “a era do quecemento global rematou e entramos na da ebulición global. O cambio climático está aquí, é terrorífico e isto é só o comezo”. Asegurou ademais, que, “a menos que haxa unha pequena idade de xeo nos próximos días, xulio deixará numerosos récords que se sairán das gráficas”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"