A entrada por Galicia dos restos dunha DANA precede a chegada da calor

Os termómetros caerán ata seis graos este venres e recuperaranse progresivamente as altas temperaturas a partir do domingo

A última semana de xullo está sendo estable en Galicia. O mércores algúns puntos do país superarán os 30 graos e será o día da semana máis caloroso. Unha DANA situada ao norte de Madeira ascenderá ata Galicia e chegará en forma de vaguada durante a mañá do xoves. Isto suporá ceos nubosos no país e algún chuvasco ou tormenta illada. A isto súmaselle a chegada dunha fronte fría en superficie o venres e o sábado que baixará as temperaturas ata seis graos. Agárdase que o domingo se empece a recuperar a influencia anticiclónica con temperaturas arredor dos 28 graos de cara a próxima semana.

“A vaguada non afectará demasiado, chegará pola mañá do xoves, se chegase pola tarde, cando máis enerxía hai na atmosfera, podería dar lugar a fenómenos tormentosos importantes”, explican dende MeteoGalicia. Xa no mediodía do xoves agárdanse nubes de evolución diúrna no este e sureste de Ourense, mais non será un episodio de inestabilidade significativo. As temperaturas descenderán sobre todo na metade sur da provincia da Coruña e Pontevedra.

Publicidade

O xoves, os ventos non soprarán de compoñente norte, senón do oeste, e os termómetros caerán de maneira importante especialmente no litoral das Rías Baixas. “Se hoxe falamos de máximas de 30 graos en Pontevedra ou Vigo, mañá quedarán por debaixo dos 25”, apuntan dende MeteoGalicia. A baixada térmica en Santiago poderá ser de dous ou tres graos, e no resto de Galicia non se notará o descenso pronunciado ata o venres, coa chegada da fronte fría.

Xa a partir do domingo, as temperaturas subirán anticipando unha semana maioritariamente de ceos despexados e clima propio de verán, puidendo recuperar os 30 graos de maneira progresiva. Esta previsión volve contrastar coa tónica da climatoloxía do resto da península. A fin de semana agárdanse temperaturas que alcanzan os 40 graos nalgunhas zonas do Guadalquivir, subindo aínda máis de cara o luns 31. Mentres tanto, Galicia mantén unhas temperaturas estables e agradables logrando esquivar as ondas de calor.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual