Sábado 27 Abril 2024

Un cuartel romano de ata 3.500 soldados na Laracha: comeza a escavación de Santa Baia

O campamento comprende no interior un castro enteiro da Idade de Ferro

Un equipo arqueolóxico intervirá ao longo de toda esta semana e ata o luns 31 de xullo no conxunto do monte de Santa Baia (Soandres, A Laracha). O proxecto ten por obxectivo estudar as estruturas defensivas do campamento romano, avanzar na súa caracterización e explorar a relación entre esta fortificación militar e o castro que se atopa situado no alto do mesmo interior monte. A intervención arqueolóxica desenvolverase baixo a coordinación cientifica do profesor da Universidade de Salamanca José Manuel Costa García e será executada pola empresa Tempos Arqueólogos.

O campamento romano de Santa Baia foi publicado por primeira vez en 2019 polo colectivo de investigación Romanarmy, que detectou a existencia de estruturas defensivas compatibles cos asentamentos temporais romanos a través do uso de tecnoloxías non invasivas de análise do territorio.

Publicidade

O recinto campamental ten unha extensión de cinco hectáreas, superficie que permite estimar unha ocupación de entre 2500 e 3500 soldados. A particularidade deste campamento temporal, e que o fai tan interesante para a investigación, é que comprende no seu interior un castro enteiro da Idade do Ferro.

O de Santa Baia é o único caso coñecido dun campamento romano que envolve completamente o castro

Aínda que o exército romano reocupou antigas fortificacións da Idade do Ferro ao longo de Europa, en todos os casos os fortes romanos establecéronse no interior dos poboados indíxenas. O de Santa Baia é o único caso coñecido ata o momento no que sucede o contrario: un campamento romano envolve completamente o castro. Precisamente a campaña arqueolóxica terá tamén como un dos obxectivos  entender a relación entre as dúas fortificacións

Tecnoloxías non invasivas de exploración

Os investigadores aplicarán en Santa Baia distintas técnicas de prospección: sondaxes arqueolóxicas, uso de tecnoloxías non invasivas de exploración do subsolo e uso do gradiómetro, co obxectivo de detectar estruturas e elementos xa non percibibles en superficie ou a simple vista.

Imaxe do monte de Santa Baia, na Laracha.

Trátase da primeira acción do convenio subscrito entre a Deputación da Coruña e a Universidade de Salamanca para investigar e difundir varias fortificacións temporais romanas da provincia da Coruña ao longo de 2023. A intervención conta tamen coa colaboración do concello da Laracha

O sábado 29 de xullo celebrarase unha visita guiada para todas as persoas interesadas, ás 11.30 h. da mañá, de carácter gratuíto e sen inscrición previa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.

O portentoso despregue militar dos romanos: descobren otros sete campamentos en Galicia

O equipo Romanarmy achou os recintos a través da fotografía aérea e a tecnoloxía LiDAR, que escenea o territorio e filtra a vexetación

Penedo dos Lobos: un campamento romano excepcional asolado polo espolio

Un equipo de arqueólogos estima que se perdeu entre o 60% e o 70% da información do xacemento a causa dos roubos de furtivos

O campamento romano que emerxeu a causa da seca en Galicia aparece en medios internacionais

O xacemento, medio somerxido baixo o embalse das Conchas, protagoniza reportaxes de xornais do Reino Unido e Francia