Volve o anticiclón: Galicia vivirá unha primavera anticipada a partir do venres

A borrasca Pedro deixará chuvias, vento intenso e avisos laranxas por temporal marítimo antes dunha fin de semana seca e con máximas en ascenso

O mércores chegará a décima borrasca do ano, Pedro. Unha fronte fría entrará por Galicia deixando precipitacións, descenso nos termómetros e fortes refachos de vento. Con todo, MeteoGalicia achega esperanza: o servizo meteorolóxico informa de que o territorio estará baixo a influencia do anticiclón a partir do venres. “Agardamos tempo seco e cun importante ascenso das temperaturas máximas”, explican dende a súa sección de predición do tempo.

Mentres agardamos á chegada do 20 de febreiro, toda a comunidade espera avisos amarelos para o mércores 18 por ventos de superiores a 70-80 quilómetros por hora. Se falamos do mar, a alerta vólvese laranxa, con ondas de 5 a 7 metros. Ao longo do xoves, a fronte avanzará cara ao leste, polo que desprazará a influencia. En Galicia só se mantén o aviso laranxa por temporal marítimo e o amarelo por neve nas montañas de Lugo e Ourense.

Publicidade

Esta inestabilidade dará paso ás altas presións, acompañadas dunha dorsal en altura, que traerá unha estabilidade xeralizada. Segundo informa Roberto Granda en ElTiempo.es, podería haber algunhas precipitacións débiles concentradas no norte peninsular, froito do paso dalgunhas frontes, aínda que o prognóstico de MeteoGalicia aínda non ofrece datos tan concretos.

Esta noticia non indica a fin das chuvias. A vindeira semana aumentará de novo a probabilidade de precipitación, a partir do martes pola tarde. Por tanto, esta fin de semana será unha sorte de tregua para disfrutar.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla