O experto Rolando Pajón Feyt únese a Zendal para liderar a fase final da vacina contra a tuberculose

O referente internacional será Director Médico e Científico da filial Biofabri nun momento decisivo para a avaliación científica do tratamento

Biofabri, filial de vacinas humanas do grupo biofarmacéutico Zendal, incorpora ao seu equipo directivo a Rolando Pajón Feyt, referente internacional en inmunoterapia e desenvolvemento de vacinas, co obxectivo de reforzar a fase final do desenvolvemento clínico do seu candidato fronte á tuberculose, MTBVAC.

A incorporación do vacinólogo prodúcese nun momento decisivo para o proxecto, marcado polo avance cara ás etapas finais de avaliación clínica e pola necesidade de integrar ciencia, desenvolvemento clínico, regulación e estratexia de acceso ao mercado. Pajón Feyt asumirá o cargo de Director Médico e Científico de Biofabri (Chief Medical and Scientific Officer, CMSO). 

Publicidade

Con máis de 30 anos de experiencia en vacinas e inmunoterapias, Pajón conta cunha traxectoria que abarca todo o ciclo de vida do medicamento, desde a investigación básica e traslacional ata a introdución comercial de produtos innovadores.

Traxectoria profesional

Ao longo da súa carreira liderou equipos internacionais responsables da xeración e análise de datos clave para procesos regulatorios, así como da súa presentación ante axencias, comunidades científicas e investidores. Especialista en vacinas de ARN mensaxeiro, enfermidades infecciosas e inmuno-oncoloxía, Rolando Pajón desempeñou un papel relevante no desenvolvemento dalgunhas das primeiras vacinas baseadas nesta tecnoloxía e na expansión do acceso a vacinas fronte á Covid-19 en América Latina.

Publicidade

A súa carreira profesional desenvolveuse inicialmente en Cuba e posteriormente durante máis de 18 anos en Estados Unidos, mantendo colaboración con organismos internacionais como a Organización Mundial de Saúde (OMS) e a Organización Pasamericana da Saúde (OPS), así como con redes científicas europeas e americanas.

O conselleiro delegado de Biofabri, Esteban Rodríguez (Chief Executive Officer, CEO), destacou que “a incorporación de Rolando Pajón reforza a nosa aposta polo talento internacional e supón un impulso estratéxico na recta final do desenvolvemento de MTBVAC. A tuberculose segue representando un desafío global e o noso compromiso é contribuír con solucións innovadoras e accesibles”.

Rolando Pajón é autor ou coautor de máis de 80 publicacións científicas en revistas de alto impacto, figura en máis de 14 patentes e participou na elaboración de materiais educativos especializados en vacinoloxía.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

Sete anos de ciencia e innovación: estes foron os gañadores nas últimas edicións dos Premios Zendal

A convocatoria de 2026 permanece aberta ata o vindeiro 20 de setembro e repartirá 65.000 euros entre proxectos de saúde humana e animal

A galega Zendal completa a vacinación de máis de 7.000 bebés no ensaio da súa vacina contra a tuberculose

O proxecto internacional avaliará se MTBVAC protexe mellor fronte á enfermidade en comparanción con BCG, a única aprobada actualmente para vacinar os recentemente nados

Unha vacina contra o melanoma? Que hai realmente detrás do anuncio de Merck e Moderna

Aínda non se coñecen os resultados completos da fase III do ensaio no que participaron máis de 1.000 persoas. Por Cristina Penas Lago