Galicia perde ata a metade das horas de sol nun xaneiro marcado polas borrascas

Un gráfico elaborado polo climatólogo Dominic Royé amosa que foi o segundo máis escuro da serie históricadende 1984, só superado por 1996

En xaneiro, o habitual é rexistrar arredor de 127 horas de sol nas Rías Baixas. Con todo, a sucesión de borrascas que deixou chuvias persistentes en Galicia provocou unha forte diminución da insolación. Así, por exemplo, en Vigo as horas de sol reducíronse nun 48%, mentres que en Pontevedra a caída chegou ao 56%.

Así o explica o climatólogo Dominc Royé, investigador de Misión Biolóxica de Galciia do CSIC (MBG-CISC), quen elaborou un gráfico no que se amosa o déficit de horas de sol na península. Deste xeito, xaneiro de 2026 convértese no segundo con maior anomalía negativa de insolación da serie histórica (1984 e 2025), cunha media de 29 horas menos do habitual, só superado por 1996, cando a perda foi de 33 horas.

Publicidade

En termos xerais, as cidades galegas perderon entre 30 e 90 horas de luz solar, cun déficit mais acusado no interior que na costa. Por exemplo, Mondariz rexistrou 80 horas menos de sol, mentres que Muxía perdeu arredor de 30 horas. No caso de Ourense, cunha media de 120 horas de media de sol en xaneiro, o mes pechou cunha anomalía negativa do 57%. A Coruña, pola súa banda, cunha media de 105 horas, reduciu a insolación nun 46%.

Causante: a nubosidade

Cando chove, a nubosidade cobre o ceo e impide a chegada de radiación solar. Non é estraño, polo tanto, que a insolación caera de maneira tan marcada nun xaneiro no que Galicia rexistrou un 98% máis de chuvia do habitual. “Se chove, non pode haber sol, polo que con máis chuvia adoita haber menos horas, aínda que non sempre é así“, matiza Royé. É o caso das tormentas de verán, nas que pode caer moita chuvia nun curto espazo de tempo e, despois, volver o sol; nese escenario, unha elevada cantidade de precipitación non implica necesairamente menos horas de sol.

Publicidade

Pola contra, tamén pode haber moita nubosidade sen chuvia, e iso reduce igualmente a insolación. “O primeiro que impide que haxa insolación é a nubosidade“, subliña o climatólogo.

Os mapas incluídos no gráfico amosan que o maior déficit de insolación concéntrase na fachada atlántica, onde as borrascas impactaron con máis intensidade durante este período. Ademais da sucesión de temporais, engádese outro factor clave: en xaneiro, os días seguen a ser curtos en comparación co verán. “Se chove durante todo o día, non se poden aproveitar as poucas horas potenciais de sol dispoñibles”, conclúe Dominic Royé.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona