Por que segue a chover en Galicia se está máis preto o anticiclón das Azores?

O centro de altas presións permanece desprazado cara ao sur e facilita a entrada continua de frontes húmidas polo Atlántico

Unha nova semana dá a benvida con chuvias en Galicia, nun contexto no que o anticiclón das Azores continúa a ser un dos grandes protagonistas. A pregunta repítese: se está relativamente preto, por que non cesan as precipitacións? Dende MeteoGalicia explican que a clave está na súa posición. O anticiclón mantense aínda demasiado ao sur. Mentres non ascenda cara ao norte da Península Ibérica, seguirá permitindo a entrada de borrascas atlánticas que circulan en latitudes máis altas. “Non teremos estabilidade nin tempo seco” ata que ese desprazamento se consolide, sinalan os técnicos do servizo meteorolóxico galego.

A influencia anticiclónica non é homoxénea. As precipitacións concéntranse especialmente na franxa atlántica, con maior incidencia nas provincias da Coruña e Pontevedra. O fluxo húmido do oeste e suroeste impacta con máis intensidade nestas áreas, mentres o interior pode rexistrar episodios algo máis intermitentes. A semana comeza así cunha fronte atlántica rozando o extremo norte peninsular, deixando chuvias localmente significativas. Está activada a alerta amarela por acumulacións de ata 40 l/m2 en 12 horas, principalmente nas comarcas do Eume e Betanzos.

Publicidade

Ata o xoves agárdase un patrón de chuvias intermitentes, abundante nubosidade e temperaturas suaves. O mércores, ademais, a alerta amarela por vento estenderase a toda Galicia, con refachos que poderán acadar os 80 km/h. En canto á neve, prevese que faga acto de presenza nas montañas de Ourense e Lugo, con acumulacións superiores aos 5 centímetros por riba dos 1000 metros.

De cara ao venres, os modelos meteorolóxicos apuntan á chegada dunha tregua. Isto traduciríase nunha fin de semana máis estable e seca. Con todo, haberá que consultar a evolución das previsións a medida que se acheguen as datas.

Publicidade

Máximas de 17ºC

A pesar da inestabilidade e das chuvias persistentes, as temperaturas mantéñense en valores suaves. Segundo os datos recollidos por MeteoGalicia, ás 12:30 horas acadábanse máximas na provincia de Lugo. En Santa Cruz, no Valadouro, rexistrábanse 17,3ºC, mentres que en Ribadeo marcaba 17,2ºC. O mesmo ocorre coas mínimas, cun valor extremo en Galicia de 6,5ºC en Riós (Ourense).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Anatomía da borrasca que regará Galicia e derrubará as temperaturas: “Formouse a latitudes excepcionais”

O descenso das temperaturas será máis pronunciado en zonas do interior de Lugo e Ourense, sobre todo na Ribeira Sacra, o Miño, Valdeorras e Verín