Volve a chuvia: Galicia será a comunidade que máis auga acumule esta semana

A retirada do anticiclón favorecerá a entrada de frontes atlánticas e un descenso térmico notable, con especial incidencia no oeste do territorio

Tras catro días de tregua, o martes 24 de febreiro volve a chuvia a Galicia. O desprazamento do anticiclón cara ao leste permitirá a chegada dunha primeira fronte entre o martes e o mércores. Así, das temperaturas primaverais do luns pasarase a tempo frío, momento no que un centro de baixas presións impactará contra o oeste da comunidade. Segundo informa o meteorólogo Mario Picazo en ElTiempo.es, Galicia será a comunidade que máis auga acumule durante a semana, a pesar de que non parecen frontes moi activas.

O mércores será o punto de inflexión. A mediados de semana, chegarán borrascas intensas que continuarán a afectar ás provincias do oeste, con xornadas chuviosas na Coruña e Pontevedra, especialmente no litoral, con acumulados de 20 a 40 l/m2, tal e como sinalan en Meteored. O anticiclón fará unha aparición estelar o xoves que poderá achegar claros e temperaturas estables, informa MeteoGalicia dende o seu perfil de X. Con todo, simplemente será unha pausa, xa que o venres chegará unha nova fronte que traerá precipitacións.

Publicidade

Como resumo, a previsión do servizo meteorolóxico galego explica febreiro rematará coa chegada dunha fronte pouco activa, aumentando a posibilidade de chuvia entre venres e sábado. Así, o mes de marzo, que dará comezo o domingo, será o resultado dunha situación intermedia entre altas e baixas presións con tempo cambiante e descenso das temperaturas.

Das temperaturas primaverais ao frío

Segundo MeteoGalicia, as temperaturas descenderán en só 48 horas. Por exemplo, en Santiago de Compostela, a máxima do luns será 20°C, pero dous días despois o termómetro marcará un valor máximo de 14°C, cunha oscilación térmica de 6 graos. Situacións semellantes vivirán Ourense, de 23 a 17°C; en Vigo, de 21 a 16°C; Pontevedra, de 21 a 16°C; e en Lugo, de 20 a 15°C. O caso máis extraordinario será o da Coruña, onde marcará unha máxima de 18°C o luns e só descenderá nun grao o mércores.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana