Unha masa de aire polar causará máximas por debaixo dos 10 graos e as primeiras nevaradas en Galicia

As previsión apuntan a un marcado descenso das mínimas dende mediados de semana, con especial incidencia no interior de Lugo e Ourense

Esta semana, Galicia despídese da borrasca Claudia, que deixou ventos intensos e forte temporal marítimo na costa atlántica, e dálle a benvida a unha masa de aire ártico que provocará un marcado descenso das temperaturas, especialmente entre o mércores e o venres. Segundo MeteoGalicia, estas condicións poderían mesmo traer neve: o xoves, as precipitacións poderían pasar a ser en forma sólida, cunha probabilidade alta nas zonas máis orientais das provincias de Lugo e Ourense.

O luns comeza con vento do nordeste e chuvascos máis frecuentes no terzo norte. A entrada de aire húmido procedente das Illas Británicas penetra na Península como aire húmido no Cantábrico, pero en Galicia manifestarase con precipitacións particularmente abondosas.

Publicidade

Tamén se notará unha caída das temperaturas: en determinadas comarcas non pasarán dun só díxito e noutros puntos poderían chegar aos 0 graos. A chegada deste aire frío polo norte, combinada co vento, intensificará a sensación de frío. De cara á fin de semana regresarán as chuvias, aínda que se agarda que o aire frío comece a retirarse.

Lugo, a cidade máis fría de Galicia

MeteoGalicia non activa ningunha alerta para esta nova semana, pero a súa previsión deixa claro que Lugo será a cidade máis afectada pola masa de aire polar. Agárdase que o xoves rexistre 1 grao de mínima e 8°C de máxima, e ao longo de toda a semana manterase con mínimas por baixo dos 10°C e unha máxima sostida arredor dos 14°C.

Publicidade

Ourense situarase a continuación en canto a frío, cunha mínima de 2°C e máximas de ata 17°C, aínda que o xoves baixará ata os 11°C, que será o día máis frío en todas as cidades galegas. En Santiago de Compostela prevese unha mínima de 3°C e, a partir do martes, todas as mínimas quedarán nun só díxito. Un comportamento similar terá Pontevedra, cunha máxima de 13°C. No noroeste, Ferrol e A Coruña non pasarán dos 12°C de máxima.

Chegados a este punto, Vigo será a cidade máis suave de Galicia, con mínimas de 6°C e máximas de 13°C o xoves, o día máis frío. O luns e o martes poderán chegar aos 18°C, cunha probabilidade de precipitacións moi baixa, arredor do 5% durante toda a semana. En conxunto, Galicia afrontará unha semana claramente invernal.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua