A borrasca Claudia pon Galicia en alerta por ventos intensos e temporal marítimo

O ciclón extratropical chegará con acumulacións importantes no oeste da comunidade a partir do martes pola noite e refachos que poden superar os 100 quilómetros por hora

A Axencia Española de Meteoroloxía (AEMET) nomeou o novo ciclón extratropical que se aproxima a Galicia: a borrasca Claudia, que manterá activa a alerta laranxa. Esta depresión provocará ventos fortes e precipitacións intensas nas illas Canarias, e chegará a Galicia con refachos de vento significativos, chuvias persistentes e temporal marítimo. Segundo elTiempo.es, a actividade principal alcanzará o territorio o martes pola noite, cando a primeira das frontes máis activas chegue á comunidade.

Así, Galicia volverá ser o foco das borrascas atlánticas. A pesar de que o fenómeno afectará a todo o noroeste peninsular, prevese que as acumulacións máis importantes se rexistren no oeste da rexión. Segundo informa MeteoGalicia vía X, a borrasca manterase estacionaria ao noroeste.

Publicidade

O luns 10 de novembro estará caracterizado por ceos parcialmente nubrados e chuvascos. Con todo, a alerta laranxa activará ventos fortes do sur e ondas superiores aos cinco metros na zona oeste. As partir do mércores, agárdanse chuvias localmente intensas.

Alerta laranxa por vento e mar

MeteoGalicia activa alertas laranxas por vento e ondas para o martes e o mércores. O martes 11 de novembro, as zonas máis afectadas serán o mar da Costa da Morte e o das Rías Baixas.

Publicidade

A incidencia do vento intesificarase a partir do mércores, estendéndose a alerta laranxa aos concellos do oeste da Coruña. Os ventos, previstos entre as 00:00 e as 3:00 horas, poderán superar os 100 km/h. Nesta xornada, o mar de vento na Costa da Morte alcanzará forza 8.

acumulados 24 horas de MeteoGalicia de luns a xoves
Acumulados 24 horas de MeteoGalicia, do luns 10 ao xoves 13 de novembro. Foto: MeteoGalicia vía X

Mentres, as provincias de Pontevedra e A Coruña, A Mariña lucense, e as montañas de Lugo e Ourense estarán en alerta amarela, principalmente por ventos que poderán superar os 80 km/h en zonas como as montañas ourensás e lucenses, e no noroeste da Coruña.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o venres

A Xunta acende o aviso laranxa por altas temperaturas no noroeste da Coruña e na montaña de Ourense e o amarelo na montaña de Lugo e en Valdeorras

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior