Os restos do furacán Erin traen chuvia a toda Galicia e activan a alerta amarela na costa

A borrasca situada ao oeste das Illas Británicas enviará varias frontes ao longo dos próximos días e provocará un descenso das temperaturas

A calor extrema das últimas semanas foi un factor engadido á vaga de lumes sen precedentes que arrasou Galicia, sobre todo a provincia de Ourense. Aínda se manteñen algúns focos activos, pero a previsión do tempo mantén certa esperanza para apagalos. Segundo a predición de Meteogalicia, os restos do furacán Erin, xa convertido en borrasca situada ao oeste das Illas Británicas, enviarán varias frontes que afectarán a toda Galicia ao longo dos próximos días. Malia que non se prevén fortes treboadas —un aspecto moi positivo para impedir a erosión do solo queimado e o arrastre de cinzas aos ríos—, está activada a alerta amarela en toda a costa galega para este martes por ondas superiores aos catro metros.

Descenso dos termómetros

Ao longo desta tarde as temperaturas manteranse elevadas en Ourense, que chegará aos 32 graos, pero experimentarán un moderado descenso no resto de cidades galegas. A Coruña, por exemplo, non superará os 22 graos, e as demais estarán arredor dos 25. En canto ás precipitacións, serán na súa meirande parte febles e afectarán sobre todo á Mariña lucense e á provincia da Coruña. Mais os ceos manteranse moi nubrados en case toda Galicia, agás no sueste de Ourense.

Publicidade

O mércores chegará outra fronte atlántica que provocará, de novo, ceos pechados de nubes. Conforme avance a xornada, as chuvias serán máis frecuentes e estenderanse por toda Galicia. Con todo, serán máis intensas na costa atlántica e, incluso, poderán rexistrarse treboadas. As temperaturas manteranse en valores semellantes aos do martes. Este escenario non variará significativamente de cara ao xoves, con precipitacións febles, illadas e ocasionais que serán máis probables na xornada de mañá. As temperaturas continuarán baixando e situaranse arredor dos 20 graos.

Unha fin de semana de inestabilidade

En relación á fin de semana, Meteogalicia mantén un prognóstico no que predominarán as chuvias, sobre todo na fachada atlántica. De feito, as probabilidades de precipitacións para o venres e o sábado están no 90%, e baixarán o domingo ata o 70%. En canto ás temperaturas, pode que ascendan durante e fin de semana, máis o prognóstico actual é que se sitúen arredor dos 20 graos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla