Así evolucionaron os incendios en Ourense en tan só unha semana

As imaxes aéreas do satélite Sentinel-2 permiten comparar a gran superficie ardida nos últimos quince días no sueste de Galicia

O poder devastador do lume é incuestionable. Máis aínda en Galicia, que sufriu nos últimos 20 anos catro catastróficas vagas de incendios. A deste agosto está a converterse nun fenómeno sen precedentes pola duración, a superficie queimada e a virulencia do lume. Hai dúas semanas que un foco en Chandrexa de Queixa (Ourense) fixo saltar as alarmas. E hai tan só sete días que varios fogos simultáneos comezaron a desatarse nunha zona xa castigada polos lumes de 2022. As imaxes do satélite Sentinel-2 mostran, a través do visor de Copernicus, a rapidez coa que avanzaron as chamas.

Arriba, imaxe do satélite Sentinel-2 a 13 de agosto. Abaixo, do día 21.

Malia que a provincia máis castigada é Ourense, con catro lumes aínda activos que arrasaron máis de 10.000 hectáreas, Pontevedra e Lugo tamén teñen focos que suscitan preocupación. Os de Vilaboa e Oia obrigaron a desaloxar a medio cento de persoas durante a pasada noite. No municipio lucense de Carballedo aconteceu o mesmo. Con case quince días de loita contra o lume, o cóctel explosivo de vento, pendente e elevadas temperaturas está complicando a extinción dunha vaga que apenas ten precedentes.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo recurso didáctico creado na USC conecta o patrimonio musical galego co Camiño de Santiago

O material reúne dez arranxos de música do percorrido francés e propostas para traballar este repertorio das aulas de Primaria e Secundaria

Unha autopista de humidade acende en Galicia alertas laranxas e amarelas por chuvia e vento

A sucesión de borrascas atlánticas deixará máis de 50 l/m2 en menos de 12 horas no oeste da comunidade e refachos de ata 100 km/h

Dúas xeracións únense para rescatar do abandono a historia da batería militar de Cabo Silleiro

Jesús Moreira, quen realizou o servizo en 1971, e o seu fillo Diego impulsan unha recollida de sinaturas para converter o antigo cuartel nun espazo cultural

Unha curtametraxe sobre os tesouros agochados baixo o mar da Mariña-Ortegal conquista Donosti

O biólogo focense Carlos Gil dá a coñecer a biodiversidade dos fondos galegos cun galardón no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián