Herminia bate récords en Galicia: ondas de 18 metros e máis de 2.600 raios

A borrasca Ivo tomará o relevo durante este mércores con alertas amarelas e laranxas en toda Galicia

Refachos de máis de 145 km/h, ondas que alcanzaron os 18 metros de altura e un total de 2.617 raios. Estes son os números que deixa Herminia tralo seu paso por Galicia. Após dunha fin de semana chea de incidencias, o luns 27 de xaneiro a borrasca atlántica deixou números de récord na comunidade debido ás numerosas treboadas e os ventos furacanados no litoral. Malia isto, o tempo semella non querer dar un descanso e outra profunda borrasca, nomeada como Ivo, continuará coa inestabilidade e diversas alertas amarelas e laranxas no territorio para este mércores 29.

A borrasca Herminia deixou o seu prato forte durante este luns no territorio. As alertas vermellas no litoral galego predicían ondas de máis de 9 metros de altura, mais a realidade superou estes datos. Segundo os rexistros de Portos do Estado, estas chegaron a alcanzar os 18,17 metros de altura máxima na praia da Langosteira, en Fisterra. As redes sociais enchéronse de vídeos mostrando a potencia do mar na costa galega. Un deles, subido por David Couce a X, ensina como unha onda pasa por riba do faro de Meirás, en Valdoviño (A Coruña).

Publicidade

Así mesmo, Herminia mantivo os seus ventos furacanados durante o luns, onde se acadaron os 147 km/h en Punta Candieira, en Cedeira; e os 141 km/h rexistrados no Penedo do Galo, en Viveiro. Todo isto acompañado de treboadas localmente fortes que documentaron un total de 2.617 raios, segundo informa Meteogalicia. As intensas chuvias chegaron a acumular en concellos como Avión máis de 52,4 l/m2 durante este luns. En Folgoso do Courel e Forcarei rexistráronse ata 43,3 l/m2.

Alertas por vento, chuvia e neve

Malia que a situación mellorará lixeiramente este martes con respecto ao día anterior, a alertas permanecerán activadas durante boa parte da xornada pola situación marítima. Así, para esta xornada do 28 de xaneiro, Meteogalicia mantén os avisos laranxas por ondas de máis de cinco metros de altura no noroeste da Coruña, Costa da Morte, Mariña lucense e Rías Baixas.

Xa de cara ao mércores, a profunda borrasca atlántica Ivo tomará o relevo de Herminia. A fronte fría asociada a este novo sistema de baixas presións prevese que provocará refachos moi fortes no mar, polo que Meteogalicia xa te activado avisos laranxas no litoral de Galicia. As alertas tamén se trasladan ás ondas, que poderán superar os cinco metros de altura no noroeste e oeste da Coruña e nas Rías Baixas. En canto a Mariña lucense o aviso diminúe un chanzo ata o amarelo, con ondas de ata catro metros.

Os ventos de cara ao mércores manteranse entre os 70 e 80 km/h en toda a comunidade, con aviso amarelo na Mariña, no litoral de Pontevedra e no oeste e suroeste da Coruña. As chuvias persistentes poderán acumular máis de 40 l/m2 en tan só 12 horas no interior de Pontevedra, mais tamén no “suroeste da Coruña e en Ourense”, prognostican fontes de Meteogalicia. A fronte fría asociada a Ivo tamén deixará alertas por neve, que terá unha cota sobre os 800 e 1.000 metros. Os territorios afectados serán a montaña de Lugo e Ourense con acumulacións de máis de dous centímetros

Máis neve

A xornada do xoves servirá de transición, polo que a inestabilidade meteorolóxica manterase. As cotas de neve poderán baixar ata os 500-700 metros de altura no oeste peninsular, “debido á entrada dunha masa de aire moi fría de orixe polar”, segundo indica a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Pola contra, as chuvias manteranse na “metade leste, que se irán retirando cara ao norte co avance da mañá”, destaca Meteogalicia. As temperaturas mínimas estarán entre os 3 graos de Lugo e os 10 da Coruña, mentres que as máximas previstas para Galicia varían entre os 10 e os 14 graos.

Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da pandemia á economía circular: así nace o proxecto REHEAL para reducir os residuos sanitarios

O SERGAS participa xunto a outros sistemas europeos nun consorcio que impulsa cadeas de subministración máis sostibles

Nova ameaza para a píllara das dunas: as chuvias intensas reducen a súa supervivencia

Un estudo galego conclúe que os episodios meteorolóxicos adversos poden agravar o seu estado de conservación como especie vulnerable

Por que se debe declarar o salmón en perigo de extinción en Galicia: isto din os expertos

Dende o ano 2000 apenas se capturan 55 exemplares de media anual nos ríos galegos, menos dunha décima parte ca hai cinco décadas

O mosquito tigre regresa a Galicia: primeiro exemplar do ano detectado en Redondela

O aviso dun veciño rexistrado na aplicación Mosquito Alert permitiu confirmar a presenza desta especie invasora grazas á marca branca do tórax