Galicia treme en novembro: madrugadas en negativo e máximas que non pasan dos 13°C

A estación de Mouriscade, en Lalín, rexistrou valores baixo cero durante un episodio de frío que comezará a suavizarse a partir do venres

O inverno chega a Galicia en pleno mes de novembro. O xoves comeza con temperaturas que oscilan entre 1 e 3°C en boa parte do interior, e mesmo con valores baixo cero en zonas como Melide, O Invernadeiro ou Os Ancares, áreas de alta cota. Os datos proceden de MeteoGalicia, recollidos entre a 1:00 e as 6:40 da madrugada deste xoves 20 de novembro.

Segundo informa Redmeteo a través de X, por diante agarda unha xornada fría, con chuvascos frecuentes no norte e neve a partir dos 900 ou 1000 metros.

Publicidade

Pola súa banda, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) en Galicia sinala que este breve episodio de frío, iniciado o luns, remitirá o venres. Así, prevese que o sábado chegue un sistema frontal á comunidade, acompañado de choivas e dun ascenso de temperaturas, especialmente das mínimas durante a noite do sábado ao domingo.

13°C de máxima en toda Galicia

O mapa de MeteoGalicia que recolle as temperaturas máximas previstas para este xoves establece os 13°C como o valor máis alto que se rexistrará no territorio. Esta será a situación ao longo da costa, dende as Rías Baixas ata A Mariña lucense, onde os termómetros situaranse entre os 11 e os 13°C.

Publicidade

No interior, porén, o panorama é máis frío. A medida que se avanza cara ao interior, as temperaturas baixan ata os 7-9°C, mentres que en diversas zonas de Ourense, como Castro Caldelas ou A Gudiña, os valores descenden ata os 6°C e 5°C, respectivamente.

O mapa deixa unha cifra que chama especialmente a atención: no territorio máis ao leste de Ourense, nos concellos de Petín, A Rúa e Valdeorras, achéganse aos 11°C de máxima.

As estacións máis frías

Segundo os rexistros absolutos de MeteoGalicia correspondentes ao que vai de xornada deste xoves, a estación de Mouriscade, en Lalín, rexistrou -1,1°C ás 5:40 horas da madrugada, seguida do concello de Cotobade, con -1°C. Estes datos evidencian as baixas temperaturas ás que está a chegar a provincia de Pontevedra.

No caso de Ourense, os concellos de Verín, Calvos de Randín e Baltar anotaron -0,6°C, -0,3°C e -0,2°C, respectivamente, durante a madrugada do 20 de novembro. Con estes valores, só queda botar man do abrigo ante esta entrada anticipada do inverno en pleno novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol