Galicia tivo un mes de xullo cálido, cunha temperatura media por enriba do agardado

Debido ao seu emprazamento, a comunidade está exposta a influencias atlánticas, continentais europeas e africanas que explican a alternancia entre períodos cálidos e secos con outros máis frescos e húmidos

Galicia rexistrou un mes de xullo moi cálido, cunhas temperaturas que de media estiveron 1,1 graos por riba do valor climatolóxico normal para esta época. Así se recolle no avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por MeteoGalicia.

Neste sentido, cómpre subliñar que o período estivo caracterizado por tres partes ben diferenciadas. Así, a primeira semana do mes viu marcada polo tempo seco e solleiro, con temperaturas normais e en liña cos valores agardados para xullo, mentres que a partir do día 6 predominaron as borrascas e polo tanto, o tempo foi máis húmido e fresco do que cabería agardar neste mes.

Publicidade

En todo caso, a partir do día 21 as xornadas estiveron marcadas por situacións de sol e incluso de intenso calor en días concretos, con avisos por altas temperaturas que obrigaron a activar o sistema de avisos por episodios de calor en coordinación na comunidade galega.

Chuvia e calor a partes iguais

O 23 foi o día máis caloroso de todo o mes, durante o cal se superaron os 40 ºC en varios puntos da comunidade, sendo a máxima absoluta rexistrada os 41,8 ºC acadados no concello ourensán da Arnoia.

Publicidade

Normalmente, xullo é o mes máis seco en Galicia, pero este ano as frontes sucedidas entre os días 6 e 20 acumularon máis auga da habitual, o que permitiu equilibrar o balance pluviométrico de todo o período.

Así, o mes pasado acabou cun 3 % máis de precipitacións do esperado tendo en conta os rexistros obtidos nas estacións galegas máis representativas no período de referencia 1981-2010, o que fai que se poida considerar un xullo dentro da normalidade en canto ás chuvias, cunha media de 44 litros por metro cadrado.

En todo caso, a análise por zonas revela unha grande variabilidade nos distintos puntos do territorio, concentrándose as precipitacións máis elevadas na comarca de Muros (con preto de 162 l/m2) e as máis baixas, nas da Limia e Terra de Lemos (que rexistraron en ambos casos menos de 4 l/m2). 

Por último e con respecto ás perspectivas para o mes que acaba de comezar, a Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático Ángeles Vázquez avanza que os grandes centros meteorolóxicos a nivel mundial que fan este tipo de previsións (Copernicus en Europa e a NOAA nos EEUU) están de acordo en prognosticar un agosto máis cálido e algo máis seco que a media climática.

Aínda así, as previsións estacionais non teñen unha fiabilidade moi alta en lugares como Galicia, unha comunidade sometida a influencias cruzadas (atlánticas, continentais europeas e africanas) que explican a alternancia de períodos cálidos e secos con outros máis frescos e húmidos, tal e como ocorreu o pasado mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro