Bochorno no sur e fresco no norte: así vai evolucionar o aire africano que divide Galicia

Os 20 graos de máxima na provincia de Lugo quedan por debaixo das mínimas de moitas zonas das de Pontevedra e Ourense

O verán chegou esta semana a Galicia co intenso calor que xa estivera presente noutras zonas de España nas últimas semanas. Esta tardanza das elevadas temperaturas a territorio galego foi froito dos principais fenómenos meteorolóxicos que afectan ao noroeste peninsular, os cales exerceron de barreira contra estas rachas de calor. Con todo, o pasado martes, o aire cálido africano asentouse en Galicia con temperaturas superiores aos 40 grados no Val do Miño, en Ourense, e no interior de Pontevedra. Así, as temperaturas do sur contrastan notablemente coas do norte do mapa, que apenas superaron os 25 grados de máxima.

A nova ola de calor anunciada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) o martes 23 de xullo corresponde á segunda do verán, que comezou cun subidón das máximas case xeneralizado. O aire cálido africano provocou estas elevadas temperaturas en Galicia, onde este mércores acadarán o seu auxe. O aviso de calor nacional estableceu avisos laranxas por risco importante na zona do Miño de Ourense, onde sempre se alcanzan as máximas temperaturas. Ademais, a calor prolongouse ata a noite, cando o mapa de temperaturas mínimas en Galicia mostrou rexistros maiores ou iguais ao 20 grados nas provincias de Ourense e Pontevedra, o que supuxo unha noite tropical.

Publicidade

Previsión de temperaturas na tarde de hoxe. Fonte: AEMET.
Previsión de temperaturas na tarde de hoxe. Fonte: AEMET.

Previsión para a ponte do 25 de xullo

A partir do xoves haberá un descenso térmico, aseguran os datos da AEMET, con baixadas das máximas en toda Galicia. Así, o cuarto día da semana podería establecerse como o último día desta ola de calor. Con todo, neste festivo en Galicia con motivo das festas de Santiago Apóstolo, o sur manterase nos 30 grados de máxima. MeteoGalicia informa de que as altas presións e os ventos de compoñente norte caracterizarán o tempo. Deste xeito, o día daralle a benvida aos veciños da metade norte galega con nubes baixas cubrindo os ceos e algúns bancos de néboa no interior. Ao longo da mañá irá abandonando estas zonas ao longo da mañá, deixando tras de si ceos abertos con nubes de evolución na provincia de Ourense. As noites tropicais abandonarán Galicia.

Máximas previstas para o xoves
Máximas previstas para o xoves. Foto: eltiempo.es

Durante o venres, unha fronte moi desfeita achegarase ao noroeste do territorio, traendo un aumento de nubes cara o norte e con algún que outro orballo no litoral norte e noroeste. As temperaturas sufrirán un moderado descenso: Vigo terá 27 grados e Pontevedra 29, mentres Ourense seguirá con 33. A Coruña e Ferrol serán as peor paradas, con 21 e 22 grados de máxima, respectivamente.

Publicidade

Finalmente, o sábado será a xornada de transición, con altas presións entrando progresivamente en Galicia, achegando estabilidade. O día comezará cos ceos moi nubrados e chuvia feble no extremo norte, pero a medida que avance a mañá as nubes irán desaparecendo. Pola tarde, predominarán os ceos pouco nubrados, sen cambios moi significativos nas temperaturas. Estas volverán a subir ata os 30 grados no sur e manteranse arredor dos 20 no norte, con chuvias que volven a ameazar a Lugo.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Dous bens da Coruña elevan a 91 os elementos galegos incluídos na Lista Vermella do Patrimonio

A antiga igrexa barroca de Vimianzo e a Casa Grande do Ribeiro colocan a Galicia no sexto posto nacional por número de inmobles incluídos

Vinte graos en maio

O clima aumenta a temperatura do mar en Galicia ata acadar valores anómalos no mes de maio. Por Andrea Veiga