Desplómase a captura de marisco en Galicia e este informe de Greenpeace explica as causas

A contaminación, o quecemento das augas e o aumento de especies invasoras supoñen un perigo para a continuidade da ameixa ou o berberecho nas costas galegas

Galicia é a mallor productora de conservas de peixes e mariscos de España: ata 4.000 persoas, a meirande parte delas mulleres, adícanse ao marisqueo a pe nas rías galegas. As mariscadoras son todo un símbolo da cultura e tradición galegas, mais iso podería cambiar en pouco tempo: nos últimos anos, o sector alertou da escasa productividade dalgúns recursos claves para Galicia, como a ameixa e o berberecho. Só no ano 2021, as cofradías que traballan na ría de Arousa cifraron as súas pérdidas en ata 10 millóns de euros.

Os datos matan calquera relato, e Greenpeace amosa esta nova realidade no seu derradeiro informe sobre a crise medioambiental no litoral español, onde adica un capítulo enteiro a falar das características e problemáticas propias das costas galegas. A contaminación, as situacións abusivas dalgúns sectores pesqueiros e o turismo masivo son algúns dos elementos sempre presentes nun cóctel que dinamita as rexións costeiras de España, nas cales vive case o 40% da poboación total do país.

Publicidade

Os mexilóns e as ameixas, nun grave perigo

A realide que se agocha detrais da crise marisqueira débese, como non podía ser doutro xeito, ás problemáticas medioambientais asociadas ao cambio climático. 

O quecemento do océano Atlántico terá un gran impacto sobre o mexilón a causa do aumento da temperatura da auga, segundo explica o informe de Greenpeace: “O estrés térmico tradúcese nesta especie nun crecemento máis lento e nunha productividade máis baixa”. O aumento das temperaturas tamén vai asociado, segundo explican no informe, a un incremento na acumulación de metales pesados como o cadmio, o chumbo ou o cromo nestes moluscos, facendo que a toxicidade dos productos mariños sexa maior. 

Publicidade

Doutra banda, a diminución da salinidade da auga mariña a causa das precipitacións extremas pode aumentar a tasa de mortalidade das distintas ameixas que se destinan ao consumo humano. A aparición doutras especies invasoras supón, asimesmo, unha gran ameaza para os crustáceos, como é o caso da nécora ou do centolo, que terán que enfrontarse a novas especies moito máis agresivas como o cangrexo azul. 

A ameixa fina, que tiña unha producción de 329 toneladas de media ao ano, rexistrou unha caida do 59,3% no ano 2022: só se recolleron 134 toneladas. No caso da ameixa babosa, a tasa de producción diminuíu nun 68,4%, e para o berberecho os datos amosan un descenso máis moderado, do 22,7%. 

Esta caída xeralizada pón en dúbida a continuidade do liderazgo galego no sector marisqueiro, e proba disto é que últimamente é necesario importar estes productos a outros territorios como Francia, Italia ou Portugal para satisfacer a demanda da poboación.

Datos do informe de Greenpeace sobre a producción das distintas especies recollidas polas mariscadoras galegas.

Máis calor e máis enfermidades

Cando falamos de cambio climático non só falamos do aumento das temperaturas ou de fenómenos extremos: os perigos para a saúde, física e mental, son máis que claros, e enténdense perfectamente cando consumimos as novas recentes sobre enfermidades tropicais que xa son endémicas aquí. A aparición de especies invasoras que poñen en xogo os nosos ecosistemas e a contaminación por plásticos que inxiren os animais mariños base claves na alimentación de moitas persoas son xa cousa do día a día. A economía tamén se resinte: segundo unha valoración feita a nivel europeo, España podería perder case 50.000 millóns de euros para finais de século a causa dos retrocesos das praias, sendo Galicia a segunda comunidade máis afectada, só por detrás de Cantabria. 

A costa de Galicia, preservada, que non protexida

Dos 1.498 quilómetros que temos de costa en Galicia, só 694 corresponden ás praias: o demais son cantís, marismas, humidales, desembocaduras de cauces e zonas artificiais. A fiereza do noso clima contribúe, asimesmo, a que podamos presumir de teren unha das costas máis preservadas de toda España. Porén, no 40% do litoral galego aínda non existe ningunha figura de protección para a natureza. A ausencia de leis que protexan os ecosistemas leva ao mesmo tempo a unha problemática endémica en Galicia, a contaminación por empresas ubicadas, literalmente, nos pés das rías e o mar. Ás industrias históricas como Ence ou Alcoa súmanse novos casos, como o actual plan para implantar a macrocelulosa de Altri nas inmediacións do Río Ulloa. 

3 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro