España cócese e o verán non chega a Galicia: así cambiará o tempo esta semana

Unha masa de aire quente deixará na meirande parte da península ibérica temperaturas moi altas e noites tropicais, mentres que en Galicia os termómetros amosarán medias moito máis tépedas

Nas conversacións informais escóitase unha queixa común: “Semella que o verán non chega este ano a Galicia”. Hai días puntuais de temperaturas altas e ceos solleiros, pero ata o de agora as tendencias no norte da península son máis tépedas que outros anos, malia que a maioría das oficinas de vixilancia do clima apostaban por unha tempada que entraba directamente no podio dos veráns máis calorosos da historia de España. 

As principais cidades de Galicia amencen hoxe con ceos parcialmente nubrados e temperaturas que roldarán os 20 º C nas súas máximas, agás nalgúns puntos do sueste, onde os termómetros poderían acadar os 27 graos. O paso dunha fronte polo extremo norte peninsular vai deixar nas xornadas de hoxe e de mañá episodios de choivas e ata de tormentas eléctricas nalgúns puntos do norte, incluíndo á capital de Galicia. 

Publicidade

Un xuño frío para a totalidade da península 

Segundo a  Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o pasado mes de xuño presentouse unha anomalía negativa: isto quere dicir que as temperaturas foron máis frías este 2024 en comparación cos anos anteriores nesta mesma tempada. E non só en Galicia: a península non experimentou aínda unha onda de calor como as que se viviron o pasado verán e, de feito, segundo o mesmo informe da AEMET, o mes de xuño deste ano foi o quinto máis chuvioso deste século: “As precipitacións acadaron o 150 % do seu valor normal”. Isto como se explica?

Nun fío de X, o doutor en Física e meteorólogo da AEMET JJ González Alemán amosaba un mapa e explicaba que, neste 2024, os episodios de calor extrema si se están dando de igual xeito que Nos derradeiros anos, só que noutras rexións: “Este vez tocoulle ao Mediterráneo oriental e a Escandinavia”. Doutra banda, dende MeteoGalicia a resposta é contundente: Temos unha idea moi errada sobre o que implica o verán no noso territorio.

Publicidade

O panorama xeral podería mudar esta semana coa chegada dunha masa de aire quente dende África, a cal traerá temperaturas de ata 40 º C á meirande parte da península ibérica. Algunhas rexións experimentarán noites tropicais, segundo prognostican as previsións meteorolóxicas. Mentras tanto, unha rexión no norte de España resiste a chegada da calor de igual xeito que os irredutibles galos rexeitaban a invasión dos romanos.

Evolución das temperaturas nesta semana. Fonte: METEORED.

Temperaturas dentro da normalidade

Ata o martes Galicia manterase baixo unha influencia anticilónica débil e con ventos que deixarán ceos nubrados no oeste e néboas no oeste. As temperaturas mínimas baixan en toda a comunidade, pero as máximas experimentarán un ascenso lixeiro. Na metade da semana chegarán as primeiras máximas de ata 30 ºC nalgunhas zonas de Lugo e Ourense. Segundo MeteoGalicia: “Galicia atoparase durante esta xornada nunha situación atmosférica moi indefinida, aínda que con predominio da estabilidade”. 

De cara á fin de semana, predominarán no territorio galego as condicións anticiclónicas que deixarán mañás con ceos nubrados e tardes máis solleiras, cunhas temperaturas que roldarán os 25 – 30 ºC, sendo as propias desta época do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar

Un proxecto galego producirá mexilla mellorada en criadeiro para combater a falta de semente silvestre

O sector do mexillón galego é responsable de preto da metade da produción que abastece a Unión Europea