A interacción entre o ser humano e o oso pardo, no centro dun traballo da USC

As 'paisaxes de produción socioecolóxica' procuran a convivencia entre a biodiversidade dunha zona e os medios de vida locais

A convivencia harmónica entre persoas e natureza favorece a biodiversidade, ao tempo que proporciona os bens e servizos necesarios para o benestar e a supervivencia. Esta é a base sobre a que se asenta o concepto de paisaxes de produción socioecolóxica (Socio-Ecological Production Landscapes and Seascapes – SEPLS), cuxas prácticas de xestión acaban de ser presentadas en Xapón polo profesor da USC, Emilio Díaz Varela. O traballo titulado ‘Management in SEPLs to ensure high-quality connectivity for brown bear in the western Cantabrian Mountains (Northwestern Spain)’ pon o foco en como as devanditas prácticas de xestión dos SEPLS contribúen a manter a “conectividade ecolóxica”, é dicir, a capacidade que teñen os territorios para permitir o movemento de especies, de alta calidade para os osos pardos nas montañas cantábricas occidentais.

A interacción cos medios de vida locais, clave para a protección da biodiversidade

O traballo toma como punto de partida as accións levadas a cabo pola ONG Fundación Oso Pardo (FOP) para a conservación desta especie na súa sub-poboación occidental. En concreto, realizouse unha revisión documental dos proxectos desenvolvidos pola ONG e identificáronse accións específicas orientadas ao incremento da conectividade ecolóxica que teñan relación con actividades tradicionais vinculadas aos SEPLS na zona, “tales como a mellora da dispoñibilidade de alimentos para o oso mediante a plantación de árbores froitais e a recuperación de soutos de castaño”, relata o profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus da USC en Lugo. Ditas accións contextualízanse espacialmente utilizando Sistemas de Información Xeográfica (SIX) e métricas espaciais, para comparar a súa localización coa diversidade paisaxística na zona.

Publicidade

Ademais, un exercicio de mapeo de partes interesadas empregando mapas cognitivos difusos (Fuzzy Cognitive Mapping, FCM) analiza o intricado tecido social dentro dos SEPLS, arroxando luz sobre as influencias entre actores e as sinerxías potenciais para mellorar a conectividade.

Os achados subliñan o papel fundamental da interacción social e das actividades humanas dentro dos SEPLS para fomentar iniciativas de conservación exitosas. Ademais, destacan a interdependencia entre os elementos da paisaxe e os medios de vida locais, salientando a necesidade dunha comprensión holística das dinámicas socioecolóxicas. Tales visións son instrumentais para informar unha planificación espacial efectiva e estratexias de xestión da conservación da natureza adaptadas a este contexto único.

Publicidade

Presentado en Xapón 

Este traballo do Campus Terra foi presentado no workshop organizado en Tokio (Xapón) pola International Partnership for the Satoyama Initiative, a través da United Nations University Institute for the Advanced Studies of Sustainability (UNU-IAS) coa colaboración do Institute for Global Environmental Strategies (IGES) e o Ministerio do Medio Ambiente de Xapón, orientado á publicación do décimo volume do ‘Satoyama Initiative Thematic Review’. Esta serie de publicacións está orientada á recompilación de estudos de caso internacionais, xunto cun capítulo de síntese, sobre un tema común relacionado con exemplos de actividades produtivas caracterizadas pola súa sustentabilidade e relación harmónica co ambiente. Este ano está integrada por un conxunto de dez estudos de caso en sete países diferentes, analizando a contribución das paisaxes socio-ecolóxicas produtivas á conectividade ecolóxica dende diferentes perspectivas e escalas

O traballo parte de colaboracións consolidadas dende hai tempo entre o grupo de investigación COMPASSES (USC), o Departamento de Bioloxía de Organismos e Sistemas e o Instituto Mixto de Investigación en Biodiversidad (IMIB) da Universidade de Oviedo, o departamento de Botánica e o Instituto Universitario de Investigación do Sistema Terra en Andalucía (IISTA), da Universidade de Granada, e a Fundación Oso Pardo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Documentadas novas anomalías de coloración en peixes mariños de Galicia e Andalucía

A investigación describe tres exemplares con alteracións pigmentarias e outros tres casos posibles observados na ría de Vigo