Galicia rexistrou un decembro cálido e moi seco

O último informe de Meteogalicia sinala que as chuvias rexistradas estiveron "bastante por debaixo do valor habitual"

Galicia rexistrou un decembro cálido e moi seco, cunhas temperatura que de media estiveron por riba dos 0,8 graos do valor climatolóxico normal para esta época. Así o reflicte o avance do último informe meteorolóxico mensual elaborado por Meteogalicia.

Durante o pasado mes as situacións de altas presións foron “máis frecuentes do que cabería agardar nesta época do ano”, detallan dende a institución galega. Isto fai que as chuvias rexistradas estean bastante por debaixo do valor climatolóxico habitual. En canto ás temperaturas, os valores medios estiveron próximos aos normais ou lixeiramente por riba, xa que, “aínda que durante os períodos anticiclónicos ocorren importantes descensos térmicos durante as madrugadas, os valores diúrnos foron moi altos para un mes de decembro“, subliñan.

Publicidade

Deste xeito, segundo os valores rexistrados nas estacións meteorolóxicas galegas máis representativas, a anomalía media da temperatura para este mes situouse nos 0,8 graos, polo que se trata dun decembro cálido.

Máis polo miúdo, o valor medio da temperatura máxima foi de 11,8 graos mentres que no caso da mínima foi de 4,7 graos. Os valores máis altos das temperaturas máximas rexistráronse preto das rías nas áreas da Fosa Padrón e Tui e na comarca do Salnés (entre 14,7 e 15,3 graos) e os máis baixos das mínimas oscilaron entre os 0,7 e os 1,6 graos en gran parte do leste da provincia de Ourense.

Publicidade

Balance de precipitacións

No que atinxe ás precipitacións, a chuvia media acumulada durante o mes pasado foi de 86 l/m2, un rexistro que reflicte que as chuvias que se recolleron no conxunto do territorio foron un 55% inferiores aos valores climáticos normais. Por tanto, pode considerarse un decembro moi seco.

Os acumulados máis altos déronse nas serras litorais e no interior da provincia da Coruña, con valores entre os 180 e 220 l/m2. A menor cantidade de precipitación, comprendida entre 10 e 20 l/m2, rexistrouse na provincia de Ourense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro