O temporal deixa ventos de máis de 150 km/h e numerosos anegamentos en casas e estradas

O refacho máximo rexistrouse nas primeiras horas do mércores en Viveiro e a maior acumulación de chuvia en Lousame, con máis de 70 l/m2

A profunda borrasca situada ao oeste de Francia provocou ventos furacanados, anegamentos e numerosas incidencias en Galicia. As provincias atlánticas foron as máis afectadas polo temporal, que descargou con forza entre as últimas horas do martes e as primeiras do mércores. De feito, está activada a alerta laranxa no litoral e o aviso estenderase ata este xoves. Os valores máximos rexistrados por Meteogalicia demostran a forza da borrasca.

O refacho máximo deste mércores rexistouse ás 7.20 horas en Penedo do Galo, Viveiro, e acadou os 152.1 km/h. O mesmo lugar tivo o vento máis forte do martes, ás 00.30 horas, con 126.9 km/h. En canto aos acumulados de precipitación, o valor máximo da mañá deste mércores lévao Costa, en Rois, con 71,6 l/m2. O martes foi Muralla, en Lousame, a que liderou a lista, con 75.3 l/m2 acumulados.

Publicidade

Máis de 60 incidencias

Amais disto, en cidades como Vigo e Santiago anegáronse numerosas estradas, rúas e rotondas. Sobre todo nas primeiras horas da mañá, coincidindo coa volta ao colexio e co comezo da xornada laboral. De feito, segundo os datos proporcionados por 112 Galicia rexistráronse máis de 60 incidencias durante este mércores. A maioría delas (47) na provincia da Coruña e as restantes en Pontevedra (17), máis unha en Lugo. As máis recorrentes foron os obxectos, como as árbores, bloqueando o paso nas estradas e os anegamentos en garaxes, vivendas e vías públicas.

Segundo prognostica Meteogalicia, a fronte estase a desprazar moi rapidamente cara ás provincias de Lugo e Ourense. As chuvias foron moi intensas durante a madrugada e as primeiras horas do día na Coruña e en Pontevedra, pero irán perdendo forza conforme avance a xornada. Aínda así, a alerta laranxa continuará activada ata o xoves no litoral. Un día marcado por ceos nubrados e ambiente húmido, con precipitacións que poderán ser máis intensas durante a mañá pero que irán remitindo progresivamente durante a tarde.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Activada a alerta laranxa no oeste da Coruña por precipitacións intensas

A AEMET acende o aviso amarelo en zonas da Coruña, Lugo, Ourense e en toda a provincia de Pontevedra por tormentas e chuvias

Por que as choivas previstas serán insuficientes para acabar coa seca en Galicia: “A situación xa é moi severa”

A secura prolongada fai que o solo perda a capacidade de absorber auga, o que provoca escorreduras ante episodios intensos de chuvia

Anatomía da borrasca que regará Galicia e derrubará as temperaturas: “Formouse a latitudes excepcionais”

O descenso das temperaturas será máis pronunciado en zonas do interior de Lugo e Ourense, sobre todo na Ribeira Sacra, o Miño, Valdeorras e Verín

Galicia rexistra máis de 2.100 raios durante as últimas 24 horas

As zonas con máis actividade foron o occidente da Coruña e Pontevedra, o interior de Lugo e o oeste de Ourense