Galicia en bicicleta: o visor con máis de 80 rutas para percorrer 4.000 quilómetros

A ferramenta en liña amplía o seu catálogo de traxectos con información sobre os percorridos por 161 concellos das catro provincias

O cicloturismo é unha actividade en auxe. Disparou o seu crecemento logo da pandemia, cando as actividades ao aire libre recobraron importancia. Por iso, estradas, carreiros e montes énchense cada día, sobre todo nas fins de semana, de apaixonados deste deporte que combina a actividade física co coñecemento da paisaxe.

Para ampliar o abano de opcións dos ciclistas existe un visor dixital que ofrece 82 rutas por boa parte das comarcas galegas que suman case 4.000 quilómetros. Un catálogo de percorridos para coñecer a xeografía galega que tocan 161 concellos das catro provincias.

Publicidade

A ferramenta interactiva permite seleccionar a zona, explorar a ruta e consultar as características do percorrido, como o desnivel ou os tramos que pasan por estrada, pista ou terreo sen asfaltar. Os datos da ruta poden descargarse en PDF ou nos dispositivos GPS e, deste xeito, ter o mapa connosco namentres damos pedal.

Seleccionar a ruta

O visor A paisaxe de Galicia en bicicleta da a posibilidade de seleccionar o concello de partida e axustalo ás nosas preferencias. Por exemplo, permite seleccionar se preferimos un percorrido interior ou pola costa. Ou se o ciclista quere sufrir máis ou menos cunha ruta doada, moderada ou difícil. Tamén especifica se o traxecto é circular para poder regresar ao punto de partida e minimizar os problemas loxísticos.

Publicidade

A ferramenta parte do traballo do Instituto Galego do Territorio (IGT) da Xunta de Galicia en colaboración ca Federación Galega de Ciclismo, a empresa Sherpa Project e os concellos polos que transcorren as rutas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla