Na busca da sostibilidade: expertos expoñen innovacións na cría de porco e aves do país

Un foro organizado por Feuga na Semana Verde aborda a epixenética para a cría sostible das razas porcinas e aviares

Expertos e criadores, reunidos para abordar os últimos avances na cría sostible das razas porcinas e aviares que son autóctonas. Iso é o que propón este novo evento, centrado na epixenética e organizado por FEUGA no marco da Semana Verde de Silleda.

A epixenética estuda os xenes e como estes modifican a súa actividade segundo factores externos. Analiza ese proceso no que, aínda que a secuencia do ADN segue a ser a mesma, as condicións ambientais poden variar o comportamento dun organismo a través da activación ou non de certos xenes. Por exemplo, como a calidade do leite dunha vaca depende tamén de factores externos. Isto é porque segundo as súas condicións, a exposición a certas substancias e outros motivos, hai certos xenes que se expresan de forma diferente. Isto pode afectar á cantidade de proteínas, graxas presentes no produto final.

Publicidade

Os asistentes coñecerán, segundo promoven os organizadores, os recursos máis punteiros neste campo, de forma aplicada á reprodución dos animais. Isto está enmarcado no traballo desenvolvido polo proxecto europeo GEroNIMO. Tatiana Zerjal, co-coordinadora do proxecto e investigadora do Instituto Francés de Investigación para a Agricultura, a Alimentación e o Medio Ambiente (INRAE), será a encargada de presentar as súas principais achegas.

Asistencia libre e gratuíta

Outros dos temas a tratar serán a recuperación das razas autóctonas, a raza Galiña de Mos e o porco celta en Galicia. Tamén haberá unha charla de Roberto Besteiro, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Magebondo, sobre o uso da biotecnoloxía na trazabilidade e na selección xenética en razas minoritarias españolas.

Publicidade

A xornada terá lugar ás 13:30 horas en Sala Mirador do Recinto Feiral de Silleda. Será de asistencia libre e gratuíta previa inscrición na seguinte ligazón.

O proxecto europeo GEroNIMO (www.geronimo-h2020.eu) busca achegar ferramentas innovadoras baseadas no xenoma e o epixenoma coas que os criadores poidan optimizar os métodos de selección de animais, mellorando a súa saúde e benestar e preservando a diversidade xenética, á vez que se fai un uso máis eficiente dos recursos. Financiado polo programa Horizonte 2020, GEroNIMO arrincou en 2021 e conta coa participación de 21 socios de 12 países, entre os que se atopa FEUGA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes