Galicia chega aos 35 graos e prepárase para superalos noutra xornada de alertas por calor

Un anómalo ascenso das temperaturas afecta a gran parte da comunidade, con fortes oscilacións entre as mínimas e as máximas

Finais de maio, pero parece que o estío xa comezou. E é que a primeira alerta por altas temperaturas chegou onte, bastante antes de tempo. O anticiclón está deixando temperaturas moi anómalas, especialmente no sur e interior da comunidade, con máximas que chegaron o pasado mércores a 35 graos en Ourense ou 32 en Monforte e en Verín.

Estas temperaturas foron altas pola tarde pero descenderon con rapidez pola noite: destaca a alta oscilación, de máis de 15 graos en apenas unhas horas de diferenza. Nalgúns casos, foi incluso máis esaxerado. En Melide, as temperaturas pasaron dos 6 graos de madrugada a alcanzar os 30 durante a tarde.

Publicidade

Nas cidades, as mínimas en Ourense foron de 11 graos, igual que en Lugo. Nesta última, alcanzáronse máximas de 29 apenas unhas horas máis tarde. Máis moderación no noroeste da Coruña, onde viviron máximas de 23 graos en Ferrol e na capital de provincia.

A importancia da prevención

Este xoves, Meteogalicia volve activar a alerta amarela nas zonas de Valdeorras e nas áreas do Miño, tanto en Ourense como en Pontevedra. Os avisos estarán vixentes toda a tarde e, no paso do río máis longo de Galicia por Ourense, persistirán durante a tarde de mañá. Si afectará máis a calor noutros puntos da zona como en Abegondo, que se achegará aos 30 graos.

Publicidade

Os termómetros pasarán dos 36 graos en varios puntos da comunidade. Viviranse temperaturas de 31 graos en Pontevedra, 30 en Santiago e 36 na capital ourensá, segundo Meteogalicia. Iso si, pola tarde agárdase un crecemento de nubes de evolución na metade sur, que poderían deixar algún amago de treboada cara ao serán nas zonas montañosas do leste.

Para afrontar este episodio de calor, os expertos piden precaución. “É recomendable protexerse da calor e non facer exercicio físico intenso nas horas centrais do día”, asegura Rubén del Campo, portavoz da Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET), para Science Media Centre. Ademais, avisa da importancia de estar pendentes de persoas maiores e con patoloxías previas para evitar deshidratacións ou posibles golpes de calor.

Alerta por treboadas para o venres

Despois do anticiclón que deu estes días de verán en plena semana, o venres haberá unha maior inestabilidade atmosférica. O paso do bochorno deixará tormentas en moitos puntos da provincia de Lugo, con alertas activadas en gran parte do territorio do centro e nas montañas. Tamén estará activo no paso do Miño por Ourense. Como é habitual nestes casos, os modelos din que pola tarde haberá máis probabilidade de treboada.

Estas estarán acompañadas de altas temperaturas, que non variarán moito nas zonas de interior, como Ourense. Si que descenderán esas máximas no caso de cidades costeiras como Ferrol ou Vigo, nos que Meteogalicia espera que se manteñan por debaixo dos 24 graos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Crista subtropical sobre Galicia: os modelos europeos anticipan temperaturas extremas

A chegada dunha masa de aire cálida traerá unhas anomalías positivas de 6ºC no litoral galego e ata 10ºC no interior

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

Unha igrexa e un curtidoiro elevan a 93 os bens galegos na Lista Vermella

A Coruña concentra o maior número de monumentos en risco, con 34, seguida de Lugo, Pontevedra e Ourense

Aire acondicionado fronte ao cambio climático: indispensable ou incompatible?

A OMS presenta unha nova guía de plan de acción sobre saúde e calor na que recoñece os seus efectos negativos á vez que insiste na necesidade de acceso