Descubertas dúas especies de cogomelos inéditas en Galicia

Un estudo da Federación Galega de Micoloxía e impulsado pola Deputación da Coruña identifica os exemplares no Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo

Un novo estudo revela o descubrimento de dúas especies de cogomelos inéditas en Galicia: Microglossum truncatum e Glutinoglossum triseptatum. A investigación, realizada pola Federación Galega de Micoloxía e impulsada pola Deputación da Coruña, atopou os exemplares nunha saída de campo no Pazo de Mariñán, situado no concello de Bergondo. O equipo tamén atopou a especie Galerina atkinsoniana, moi pouco frecuente e da que apenas hai rexistros en Galicia.

“O seu descubrimento en Mariñán supón un fito científico que pon de manifesto a singularidade do ecosistema do pazo”, trasladan fontes da Deputación en alusión á descuberta das dúas novas especies. Tamén poñen de relevo o achado de Galerina atkinsoniana, dado que só existía unha mención antiga en listaxes previas sen confirmar.

Publicidade

  • Exemplar de 'Glutinoglossum triseptatum' descuberto no Pazo de Mariñán. Foto: Deputación da Coruña
  • Exemplar de 'Galerina atkinsoniana' descuberto no Pazo de Mariñán. Foto: Deputación da Coruña

O obxectivo: a conservación

A saída de campo, realizada neste mes de xaneiro, supón a primeira de todas as que farán ao longo de 2026. Este estudo, impulsado pola área de Medio Ambiente da Deputación, xurdiu como resposta ás conclusións da I Xornada Micolóxica desenvolvida o 11 de outubro de 2025. “Naquel encontro constatouse a riqueza fúnxica excepcional e moi pouco estudada, pero tamén unha grave carencia: a falta de protección”, sinalan dende a institución provincial.

Por este motivo, o estudo promovido pola entidade provincial e desenvolvido pola Federación Galega de Micoloxía conta cun dobre obxectivo: científico e conservacionista. A identificación detallada das especies servirá de base para elaborar, ao remate do estudo, mapas de hábitats e materiais divulgativos (folletos e carteis) que sinalen as especies de valor e a prohibición expresa de recolección de cogomelos, así como da alteración do medio.

Publicidade

O estudo micolóxico no Pazo de Mariñán é desenvolvido pola Federación Galega de Micoloxía, entidade que agrupa a 17 asociacións. A investigación contempla un total de 18 visitas coa fin de realizar un seguimento exhaustivo dos fungos en todas as estacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade

Os chefs Iria Espinosa e Luís Veira representan ‘A paisaxe que sabe’ no Premio Cociñeiro/a Galego/a 2026

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destaca o "momento extraordinario" da cociña coruñesa polo seu produto, identidade e creatividade

A Coruña consolida o seu prestixio gastronómico na feira Salón Gourmets

A Deputación valora a súa participación no evento celebrado en Madrid cun balance "moi positivo" e a sensación de deixar a restauración coruñesa na mira internacional