Así darán comezo as vacacións de agosto en Galicia

Unha fronte atlántica pouco activa entrará por Galicia este martes e deixará chuvias no territorio, concretamente na metade norte

A operación saída da comezo co mes de agosto. Os que inician o seu período de vacacións buscan o bo tempo para gozar dos seus días libres. Así, en Galicia, a calor parece manterse unha semana máis con temperaturas moderadas no territorio costeiro, e en aumento no interior. Tras unha fin de semana maioritariamente estable, hoxe luns poderían chegar algúns cambios.

Dende o Atlántico cabe a posibilidade de que se achegue unha nova masa de aire quente e húmido que podería aumentar lixeiramente a inestabilidade. Isto produciríase o martes, cando unha fronte atlántica pouco activa entra por Galicia deixando chuvias na comunidade.

Publicidade

Polo de agora, o territorio galego está a vivir nunha situación intermedia, entre as baixas presións nas Illas Británicas e as altas presións situadas nas Azores. Con todo, o que todo galego quere saber é con que temperaturas poderá contar no período máis esperado do ano.

O inicio de semana

Este luns amence con máis nubes na metade norte e ceos máis abertos no sur. Segundo Meteogalicia, pola tarde os ventos deixarán moita humidade, con brétemas no litoral atlántico e nubes baixas entrando polo oeste, mentres nas provincias de Lugo e Ourense os ceos permanecerán despexados. Á noite cubriranse, con algún orballo durante a madrugada no litoral noroeste.

Publicidade

Con todo, os termómetros non recibirán cambios nas mínimas, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, especialmente no sur. Aínda así, como é habitual, Ourense acadará as cotas máis altas, con 35 °C. Non obstante, a súa mínima será de 17 °C, seguindo a tónica do resto das cidades galegas. As zonas de interior, como Lugo, Santiago de Compostela e Pontevedra tamén acadarán altas temperaturas entre os 28 e 30 graos. Mentres, nas cidades de costa como Vigo, A Coruña ou Ferrol terán temperaturas máis moderadas, arredor dos 25 °C.

Mapa precipitacións e nubosidade para a tarde do martes
A fronte entrará por Galicia con chuvias febles e precipitacións previstas na tarde do martes na zona norte do territorio galego. Mapa: eltiempo.es

Avanzando en días, o martes unha fronte pouco activa chegará a Galicia polo noroeste. Así, predominarán as nubes baixas, con chuvias febles que comezarán polo litoral coruñés e que se desprazarán cara o norte da provincia de Lugo. As máximas descenderán, especialmente na metade norte, pero de xeito moderado. Aos 32 °C chegará en Ourense como máxima, mentres outras zonas do sur do territorio contarán con temperaturas estables, arredor dos 25 graos. Neste contexto, A Coruña e Ferrol terán 22 e 23 graos, respectivamente; iso si, acadando noites tropicais, con 20 °C de mínima na cidade homónima da provincia.

Incerteza cara finais de semana

Ata o mércores non se agarda que a calor acade os termómetros da última ola de calor, pero faltan moitos días e a incertidumbre aumenta. Nun principio, Galicia queda na influencia das altas presións, con réxime de ventos do nordés. Así, amanecerase con bancos de néboa en determinadas zonas do interior e intervalos de nubes baixas no terzo norte. Co avance da mañá, os ceos quedarán pouco nubrados, permanecendo as nubes baixas no norte da provincia de Lugo.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán. Deste xeito, as cousas comezan a mellorar na metade de semana. Vigo, Pontevedra e Ourense, as tres do sur galego, liderarán os termómetros acadando, e nalgún caso superando, os 30 °C. Mentres, o norte manteranse en torno aos 25 graos, como na Coruña ou Ferrol.

Con todo, Marta Almarcha, dende Eltiempo.es, asegura que aínda hai que estar atentos en canto ás tormentas que poderían formarse no día de hoxe e desta posible fronte atlántico, que entraría por Galicia.

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño

▪️ O episodio de calor dispara os termómetros: toda Galicia rexistrará máximas por enriba dos 30 graos

MeteoGalicia activa avisos amarelos que afectarán especialmente no interior, onde tamén se agardan tormentas localmente fortes con sarabia

Unha dorsal africana rompe os termómetros e as temperaturas acadarán os 30 graos en Galicia

O ascenso dos graos impulsará valores estivais no interior e nas Rías Baixas, con ambientes máis calorosos durante as horas centrais do día

Galicia rexistrou o cuarto abril máis seco da serie histórica

MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi de 35 litros por metro cadrado, que é un 69% inferior ao frecuente neste período