Publicidade

As espectaculares imaxes dun polbo de Louro que namoraron a BBC

As instantáneas están feitas polo galego Xaime Beiro: "Moitas fotografías son do mesmo exemplar, ao que lle debo moito"

“Teño que pensar en que nome pórlle a ese polbo. Dáme a vida”. Con este agarimo fala o fotógrafo Xaime Beiro sobre o suxeito dalgunhas das súas imaxes máis destacadas, que veñen de ser compartidas pola sección Earth da British Broadcasting Corporation (BBC) nas súas redes sociais. O galardoado artista e submarinista de Muros inmortaliza a riqueza mariña, especialmente da zona de Louro, creando espectaculares instantáneas subacuáticas cheas de cor e nitidez. O seu obxectivo: “Poñer en valor a nosa biodiversidade, non dende o punto de vista económico, senón para protexela”.

Con máis de 50.000 reaccións no momento no que se escribe este artigo, a publicación realizada pola compañía británica comparte unha pequena galería de imaxes de Beiro na que os protagonistas son os polbos. “Hai dous días puxéronse en contacto comigo para dicirme se quería colaborar con eles e non tiven nin que pensalo”, relata o fotógrafo. Así, a sección Earth da BBC publicou unha escolma de oito instantáneas para falar sobre as características dos cefalópodos.

Publicidade

Polbos de Louro

Segundo indica o autor, todas as fotografías foron realizadas ao longo de varios anos na costa de Louro. “Faime moita ilusión que compartan imaxes feitas aquí e, ademais, moitas delas son do mesmo polbo”, detalla. Este exemplar é un modelo destacado da arte de Beiro. “Ademais de saír en varias das instantáneas que compartiu a BBC, tamén é protagonista das miñas publicacións máis virais e os meus traballos máis vendidos. Teño que pensar en pórlle nome. Dáme a vida e débolle moito”, detalla.

Ademais de espectaculares fotografías, o autor tamén realiza vídeos submarinos nos que plasma a beleza da biodiversidade galega. A súa calidade artística fai que leve tres anos consecutivos gañando o Campionato Galego desta especialidade. “Malia que sempre fago fotografía e vídeo cando me vou mergullar por Louro, este ano quero centrarme máis en vídeo, a ver se podo volver capturar máis momentos con este pulpiño“, comenta. Co seu traballo busca que se valore máis o polbo de aquí. “Témolo como un símbolo pola nosa gastronomía, pero esta especie é espectacular polas súas características animais e deberíase apreciar moito máis“, conclúe.

Publicidade

Imaxe dun polbo de Louro Xaime Beiro. Foto: Xaime Beiro / Cedida
Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é a renaturalización? A alternativa a unha paisaxe galega dominada polo eucalipto

A aprobación do informe de impacto ambiental da macrocelulosa que Altri proxecta en Palas de Rei reabre o debate sobre o modelo forestal que queremos en Galicia

As asombrosas imaxes de falsos percebes adheridos a unha lámpada e á coiraza dunha tartaruga

A Coordinadora para os Estudos dos Mamíferos Mariños retirou 59 cirrípedos do animal, que apareceu nunha praia de Fisterra

Do Galiñeiro a Ourense: os xacementos que fan de Galicia unha posible potencia en terras raras

O xeólogo Pablo Nuñez enumera as diferentes zonas da comunidade que poden albergar elementos esenciais para a industria tecnolóxica

ChatPEC: a iniciativa con selo galego que usa o sarcasmo para concienciar sobre o clima

A ferramenta en liña responde con reprimendas humorísticas para mentalizar ao público do impacto ambiental que ten a intelixencia artificial