Avistan candorcas en augas das Rías Baixas

Salvamento Marítimo emitiu un comunicado alertando da presenza destes grandes cetáceos, na súa migración anual cara ao Norte

Un grupo de candorcas (Orcinus orca) foi avistado esta fin de semana en augas da Rías Baixas, provocando que Salvamento Marítimo emitise un comunicado a todas as embarcacións para previr o encontro con este cetáceo, o de maior tamaño dentro dos considerados ‘golfiños oceánicos‘.

“Solicítase a todas as embarcacións que, en caso de avistamento, non tenten aproximarse, dean amplo resgardo e informen á estación costeira máis próxima ou a Salvamento Marítimo Fisterra“, di o comunicado emitido tamén por radio para previr do contacto con estes animais que miden máis de dez metros e que nos últimos anos comezan a ser vistos en augas de Galicia.

Publicidade

Atopan unha balea azul e catro rorcuais alimentándose fronte a Sálvora

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) xa detectara no ano 2019 a presenza de candorcas nas augas de Galicia, dentro da súa migración anual dende as augas mornas do golfo de Cádiz ata máis altas latitudes aínda que se descoñece o seu destino final.

O ano pasado, o avistamento da CEMMA foi rexistrado á altura de cabo Touriñán, xa na Costa da Morte, pero houbo testemuñas do seu paso polas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, aínda qe se descoñece se chegaron a adentrarse nelas.

Publicidade

O vídeo do incidente entre candorcas e un veleiro nas Rías Baixas

A candorca, coñecida en castelán como orca, é un cetáceo, e o animal de maior tamaño da familia dos delfínidos, polo que na linguaxe común debería ser considerado como unha especie de golfiño e non de balea. Teñen un corpo pesado e groso, o lombo de cor negra e o ventre branco, ademais de manchas da mesma cor xunto aos ollos. Os machos das candorcas poden chegar a medir 9 metros e pesar 9 toneladas.

O primeiro rexistro científico da CEMMA do avistamento de candorcas en Galicia data do ano 2015 e dende aquela non deixan de pasar cada verán, na súa migración cara ao Norte. Nos últimos anos tamén están a ser habituais os avistamentos de baleas azuis, o animal máis grande que existe, que regresa ás augas galegas.

Un estudo revela onde comen as baleas que visitan Galicia

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos