Xoves 28 Marzo 2024

Un estudo revela onde comen as baleas que visitan Galicia

Os grandes cetáceos visitan máis augas litorais que as de Islandia ou Azores, e mudan a súa dieta a finais do verán e principios do outono

Debido á súa gran movilidade, e á realización de grandes migracións que supoñen un enorme custe para as campañas de estudo no medio mariño, sempre ten sido difícil identificar poboacións ou unidades de xestión dentro das baleas comúns (Balaenoptera physalus) do Atlántico.

Nun recente estudo publicado na revista Marine Environmental Research realizado por investigadores de varios países coordinados por Pauline Gauffier e Asunción Borrel, con mostras de individuos de Islandia, Galicia, Azores e do Estrecho de Gibraltar, demostrouse que estas baleas poden chega a compartir unha mesma zona de alimentación no centro do Atlántico norte, pero que o fan en distintas épocas ao longo do ano.

Publicidade

Para diferenciar poboacións dentro dunha especie pode ser suficiente a análise xenética dos individuos, pero hoxe en día recomendase que esta análise sexa complementada con outro tipo de estudos de indicadores ecolóxicos que poden aportar maior precisión para establecer unha dinámica poboacional que poden chegar a definir subpoboacións ou unidades de xestión como ferramenta de conservación, identificando individuos que teñan un comportamento ecolóxico similar coincidente en espacio e tempo.

Investigación a través de isótopos

A análise que se utilizou para levar a cabo este estudo é a análise de diferentes formas de átomos (isótopos estables) de carbono (13C/12C), nitróxeno (15N/14N) e osíxeno (18O /16O) en mostras de pel. Os isótopos son “formas ou tipos” de átomos dun mesmo elemento, teñen igual número atómico, igual número de protóns, pero diferente número de neutróns co que terán distinto número másico (suma de protóns e neutróns). A maioría dos elementos químicos poseen máis dun isótopo.

O clásico chafariz das baleas botando auga. Foto: CEMMA.

Os de carbono e nitróxeno son indicadores da dieta e pódense usar para establecer un nivel trófico (alimentario) para un individuo dentro dun ecosistema e averiguar se este ecosistema é máis costeiro ou máis oceánico, mentras que o de osíxeno é usado como indicador de variabilidade latitudinal, o movemento da especie en latitude, xa que está condicionado pola temperatura e a salinidade da auga mariña.

A análise consiste en comparar os valores das mostras analizadas cos valores coñecidos para esos mesmos isótopos ao longo de toda a área de estudo e para a súa presa principal, o krill, tamén ao longo da área de estudo e en distintos momentos do ano.

As análises de Galicia incluíron mostras recollidas por la Universidad de Barcelona durante as operación baleeiras ata o ano 1985, e mostras recollidas por Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) a través da atención a animais varados dende 1992.

A situación da mesa das baleas no restaurante oceánico

Os resultados indican que as baleas que se alimentan en Islandia nos meses de verán, pasaron os meses previos de inverno nunha área situada máis ao sur. Esta área é a mesma pola que pasan as baleas que migran cara o norte dende as Azores a principios de verán, no seu camino a Islandia, e é tamén a área á que chegan as baleas do Estreito de Xibraltar para alimentarse a mediados de verán, aínda que algunhas delas quedarían alimentándose no Golfo de Biscaia. As baleas de Galicia fan un movemento similar ás do Estreito, pero con menor amplitude, facendo desprazamentos entre augas exteriores e augas máis litorais, que podería incluir unha alimentación estacional en peixes en vez de krill a finais de verán e principios de outono.

Outro dos resultados deste estudo é que en base aos isótopos analizados, algunhas baleas común que volven ao Estreito de Xibraltar non seguen cara o norte de África, se non que pasan o inverno alimentándose no Mediterráneo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.