Atopan unha balea azul e catro rorcuais alimentándose fronte a Sálvora

Investigadores do BDRI do Grove captan ao animal máis grande do mundo alimentándose de krill preto da costa galega

Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con base no Grove, captou esta semana a imaxe dunha balea azul, o animal máis grande do mundo. A Balaenoptera musculus, pode alcanzar os 30 metros de lonxitude (tamaño semellante á altura do acueduto de Segovia) e un peso de máis de 170 toneladas; o seu corazón pode pesar tanto coma un turismo, e a súa lingua, coma un elefante.

Desta volta, os investigadores do BDRI captaron á balea azul xunto a tres rorcuais comúns e un rorcual alibranco, que estiveron a alimentarse a poucas millas entre a illa de Sálvora e Aguiño.

Publicidade

Outra imaxe tomada polo BDRI esta semana.

Dende o BDRI explican que a dispoñibilidade e concentración do seu alimento principal, o krill do norte (Meganyctiphanes norvegica), determina a distribución e o comportamento das baleas. “A balea azul, por exemplo, aliméntase case exclusivamente de krill e inxere ao redor de 1 tonelada ao día”, afirman, para salientar que a súa alimentación en superficie “require un esforzo físico considerable xa que a balea azul chea a súa boca cun volume de auga igual ao seu propio peso de 80-90 toneladas”.

Imaxes da balea azul fronte a Sálvora. Foto: BDRI.

Curiosamente, o círculo biolóxico péchase, porque como sinalan os investigadores do BDRI, “ao mesmo tempo, a presenza das baleas contribúe a fertilizar a superficie do océano co seu defecaciones que facilitan o crecemento de fitoplancto que serve de alimento para o krill”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:04:36

Dúas producións audiovisuais amosan a vida de cetáceos nas Rías Baixas

Unha das historias, narradas polo documentalista vigués José Isarri, fala da recuperación progresiva da segunda especie máis grande do planeta en augas galegas

▪️ Un estudo con participación galega atopa proteínas relacionadas co alzhéimer en cetáceos

A investigación determina que a proteína AT100 asociada a doenzas neurodexenerativas indica envellecemento natural e dano neuronal agudo

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

Case a metade dos cetáceos de augas profundas inxiren macrolixo no noroeste ibérico

A CEMMA participa nun estudo que documenta que aproximadamente o 30% dos exemplares acaba falecendo a causa de lesións dixestivas