Risco extremo de incendio forestal en case toda Galicia

O mapa do índice IRDI da Consellería de Medio Rural sitúase na peor situación do verán polas altas temperaturas e fortes ventos

Altas temperaturas e fortes ventos son a combinación perfecta para o lume. Case toda Galicia atópase este xoves en risco extremo de incendios forestal, coa única excepción da Mariña lucense onde o risco ten calificación de moderado.

Así figura no índice de risco diario de incendio forestal, que actualiza o perigo existente en Galicia cada día. Toda a provincia de Pontevedra, así como case toda a da Coruña e Ourense están en risco extremo, do mesmo xeito que a metade sur de Lugo.

Publicidade

Para establecer este risco téñense en conta factores como a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, das infraestruturas preventivas da masas arbóreas e do chan. O mapa do IRDI (Risco Diario de Incendio) entra así no seu máximo de todo o verán neste xoves.

En concreto, Meteogalicia informa de que existe vento do nordeste este xoves, nunha xornada con temperaturas máis altas canto máis ao sur. Así mesmo, o anticiclón “continúa bloqueando a chegada de calquera borrasca a Galicia”. Todo iso, nunha xornada na que varios incendios afectan á zona do Barbanza e atópanse activos na provincia de Ourense, como o de 40 hectáreas que afecta o municipio de Cenlle.

Publicidade

A Consellería do Medio Rural informou este xoves de tres lumes activos de máis de 20 hectáreas que afectan a Galicia. O primeiro deles declarábase na tarde de onte na parroquia A Barca de Barbantes, no concello de Cenlle. Este lume declarábase pasadas as 19:00 h de onte e segundo as primeiras estimacións a superficie afectada alcanza xa as 40 hectáreas. Na comarca da Barbanza, o lume no concello de Porto do Son superaba as 80 hectáreas arrasadas a mediodía deste xoves.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía