Lupeon, 3D para voar moi alto desde Galicia

Seis anos despois da súa creación, a empresa nacida en Ordes dá o salto industrial cara o sector aeroespacial coa aceleradora BFAero

En decembro de 2018, o satélite Lume-1, desenvolvido pola empresa galega Alén Space, saíu cara ao espazo desde o cosmódromo de Vostochny impulsado por un foguete Soyuz. O aparello ten as dimensións dunha pequena caixa de cartón, e apenas pesa dous quilos, pero na súa creación colaboraron decenas de expertos de sectores diversos. Entre as pezas que facían que todo funcionase á perfección, estaban uns cilindros de apenas 2 milímetros que fabricou a empresa Lupeon, un proxecto nacido en 2013 da man de Luis Mandayo e Adrián Sánchez, entón dous enxeñeiros de Ordes que se acabaran de graduar e decidiron apostar pola fabricación aditiva en 3D.

Un dos exemplos de pezas de series metálicas e plásticas fabricadas por Lupeon. Fonte: lupeon.com.
Un dos exemplos de pezas de series metálicas e plásticas fabricadas por Lupeon. Fonte: lupeon.com.

“Para nós é unha honra poder dicir que o noso traballo está a dar voltas polo espazo”, explica Luís Mandayo, director xeral da empresa. Lembra que “Alén Space púxose en contacto connosco dado que necesitaban fabricar unhas pezas de pequenas dimensións e xeometría complexa que non eran posibles de fabricar mediante tecnoloxías convencionais, e tras estudar o caso atopamos unha solución mediante as nosas tecnoloxías de fabricación aditiva láser”.

Publicidade

Foi un dos moitos fitos que Lupeon superou nos últimos anos, despois de botar a andar nun dos peores momentos da crise. “Trasladámonos desde Ordes a Nigrán, onde contamos cunhas instalacións que nos permiten ter impresoras 3D industriais tanto para materiais metálicos como para plásticos”, conta Mandayo. Ademais, integrouse en Vicalsa, un grupo con sede en Vigo e especializado na construción e reparación do sector naval, e abriu unha oficina comercial en Madrid. “Ademáis crecemos en equipo e en número de clientes industriais, sendo proveedores de varias multinacionais”, completa o director da empresa.

E en maio deste ano, meses despois de que Lupeon puxera as súas primeiras pezas en órbita, chegou a noticia de que eran unha das empresas seleccionadas na aceleradora BFAero, que xurdiu no marco do programa Civil UAVs Initiative da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Esta liña de proxectos ten por obxectivo o crecemento de empresas innovadoras no sector aeronáutico en Galicia, co respaldo de referentes na industria como Indra e Babcock. Neste tempo, tamén participaron noutras aceleradoras como BFA, impulsada tamén pola GAIN, pero centrada no sector da automoción, onde desenvolveron garras robóticas.

Publicidade

O traballo de Lupeon en BFAero xirará arredor do deseño e optimización topolóxica de pezas estruturais de vehículos aéreos non tripulados, así como a fabricación aditiva de ditas pezas en composites plásticos ou metálicos co fin de reducir o peso destes vehículos e así conseguir maior autonomía de voo. Segundo expón Luís Mandayo, o deseño e produción a partir da impresión en tres dimensións ofrece importantes vantaxes, como a de “poder fabricar diferentes pezas de tal forma que sexan máis lixeiras que as que fabrican a día de hoxe forma convencional”. Isto supuxo, segundo Mandayo,”un paso importante para coñecer máis de cerca as necesidades que podemos cubrir no sector aeronáutico”

Para obter estes e outros produtos, Lupeon utiliza varias tecnoloxías, tanto en fabricación a demanda como en serie, e materiais, como o po plástico e metálico con diversas aliaxes, as resinas de altas precisións ou a fibra de carbono. Así, a idea da fabricación aditiva achega vantaxes moi interesantes á hora da reparación industrial. Por exemplo, á partir da toma de medidas ou o escaneado en 3D de determinadas pezas, poden crear un almacén virtual de repostos para que, no posible caso dunha rotura ou avaría, se poida fabricar a mesma peza nun curto espazo de tempo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN

O IGFAE coordinaría a iniciativa xunto á colaboración da Xunta e do CDTI nunha acción estratéxica para a I+D+i na comunidade

Un fármaco para recuperarse tras un ictus e unha tecnoloxía de selado de latas, Premios á Transferencia

Os galardóns que outorgan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación premian un grupo do IDIS e outro da UVigo

Galicia avanza cara un composto innovador con eficacia contra as células nai do cancro

O proxecto MEDICS do CIQUS, inicialmente apoiado polo programa Ignicia da Xunta de Galicia, desenvolve terapias innovadoras de baixa toxicidade para tratar tumores como os de colon ou páncreas

A biotecnoloxía galega lanza a súa ofensiva en BioSpain para captar investimento

A feira que se celebra en Barcelona estima bater o récord da última edición, que contou con case 1.000 empresas e máis de 2.200 profesionais