A aceleradora aeroespacial BFAero impulsa tres proxectos galegos

As empresas Lupeon, Aeromedia e RadioUAV participarán na primeira edición, que se enmarca na Civil UAVs Initiative da Xunta

Despois do anuncio, o pasado venres 5, dos dezaseis proxectos preseleccionados na primeira edición da aceleradora BFAero, especializada no sector aeroespacial e impulsada pola Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o ente autonómico fixo pública a través da directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, a decisión sobre os seis proxectos seleccionados para participar na iniciativa. O 50% delas (Lupeon, Aeromedia e RadioUAV) son galegas, mentres que as tres restantes teñen a súa orixe en Madrid e a Comunitat Valenciana.

Os promotores defenderon as súas candidaturas mediante unha entrevista persoal e unha presentación ante o comité executivo, despois do cal se anunciou a elección. Patricia Argerey destacou a gran concorrencia de proxectos -recibíronse un total de 54 solicitudes– e a alta calidade dos mesmos e animou ás iniciativas que non resultaron seleccionadas hoxe a madurar as súas ideas e intentalo en vindeiras edicións desta acelereradora, que ten previsto dúas convocatorias máis ata acoller 19 proxectos en total.

Publicidade

A directora de Gain lembrou que o obxectivo desta aceleradora é crear e acelerar compañías innovadoras na cadea de valor do sector aeroespacial en Galicia, capaces de captar, atraer e reter talento en Galicia e subliñou que, precisamente, o talento é un factor clave para posicionar Galicia como un referente a nivel internacional en innovación no sector aeroespacial. A directora de Gain felicitou aos seleccionados, animounos a aproveitar as oportunidades que lles ofrece este programa de aceleración e incubación e agradeceu ás entidades e empresas colaboradoras a súa implicación nesta iniciativa (as empresas Indra e Babcock, o centro tecnolóxico da automoción CTAG, a Fundación CEL, diferentes colaboradores representados polo Consorcio Aeronáutico Galego e os organismos dependentes da Xunta de Galicia, Igape, Gain e XesGalicia).

Os proxectos galegos seleccionados

  • Lupeon (Ordes): a empresa ordense, especializada en impresión 3D, traballará na modalidade de aceleración do “deseño e optimización topolóxica de pezas estruturais de UAVs así como a fabricación aditiva de ditas pezas en composites plásticos ou metálicos co fin de reducir o peso dos UAVs e así conseguir maior autonomía de voo”.
  • Aeromedia (Oleiros): na modalidade de incubación, este proxecto traballará con vehículos aéreos non tripulados “para realizar fotografías das tres palas dun eólico polo anverso e reverso, sen necesidade de parada”, o que supón maior rapidez na toma de datos e aforro, xa que non se para a produción.
  • RadioUAV: o proxecto ligado ao attlanTTic da Universidade de Vigo traballará no desenvolvemento de sistemas para tarefas de inspección non destrutiva, detección e identificación con sensórica activa e pasiva.

Alén destas iniciativas, tamén foron escollidas tres empresas de Madrid e a Comunitat Valenciana con proxectos para novas baterías para UAVS, novas aeronaves de baixo custo e helicópteros non tripulados para uso civil.

Publicidade

Todos estes proxectos comezarán en maio os programas de incubación e aceleración, nos que terán acceso, ademais de financiamento, a espazos de traballo compartidos, plans de formación adaptados ás súas necesidades, acompañamento de mentores escollidos entre profesionais do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados, oficinas individuais equipadas, aulas de formación e servizos de asesoramento técnico que pon á súa disposición a Fundación CEL, posibilidade de uso das instalacións do aeródromo de Rozas, onde os elixidos poderán utilizar os drons de Indra e Babcock (Targus e LUA) e outros equipamentos especializados do ámbito da Civil UAVs Initiative.

En canto ao apoio económico, a Xunta de Galicia ofrece un financiamento a fondo perdido de ata 100.000 euros na fase de incubación e de 50.000 en aceleración. Paralelamente, poderán optar a un financiamento en forma de préstamos de Indraventures de entre 50.000 e 500.000 euros en incubación e sen límite en aceleración. Tamén en aceleración terán acceso a préstamos participativos de ata 250.000 euros de XesGalicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A biotecnoloxía galega lanza a súa ofensiva en BioSpain para captar investimento

A feira que se celebra en Barcelona estima bater o récord da última edición, que contou con case 1.000 empresas e máis de 2.200 profesionais

Galicia impulsa unha nova era dixital coa combinación de ‘edge computing’ e 5G

Investigadores da Universidade de Vigo están a desenvolver edgeContinuum, unha plataforma pioneira, financiada a través do programa Ignicia da Xunta de Galicia, para optimizar custos e mellorar o control sobre os datos

Proxecto GOTIS: así é o fármaco galego que pode reducir as lesións do ictus isquémico

Un equipo do IDIS, apoiado polo plan Ignicia da Xunta, entra na fase preclínica para protexer ás neuronas dunha posible obstrución

MytUniSex impulsa as liñas unisex que marcarán o futuro do mexillón galego

O proxecto da Universidade de Vigo, beneficiario do programa Ignicia da Xunta, permite producir semente en laboratorio e escoller exemplares máis atractivos para o mercado a través da selección xenética natural