Un proxecto galego desenvolve un sistema de detección de covid rápido e barato

O obxectivo é crear un dispositivo eficaz compatible con métodos de diagnóstico e flexible para aumentar a capacidade de resposta

Un proxecto galego integrado por un equipo multidisciplinar investiga o desenvolvemento dun sistema de detección de covid-19 a partir de técnicas moleculares e integrando a nanotecnoloxía e microfluídica coa automatización. Baixo o nome de Detección rápida e automatizable para SARS-Cov-2 baseada en PCR, nanotecnoloxía e microfluídica (Nanofluidetec) perséguese un dispositivo eficaz, compatible con métodos de diagnóstico de baixo custo e flexible para aumentar a capacidade de resposta diagnóstica en futuras pandemias ou enfermidades comúns.

A iniciativa pretende, por tanto, a mellora dos actuais sistemas de detección baseados en PCR, tanto en rapidez como en fiabilidade. O dispositivo final estaría pensado para o seu uso en centros de atención primaria, asistenciais ou residencias. Point-of-care-testing (POCT) é un tipo de probas diagnósticas que ofrecen un resultado en poucos minutos, sen necesidade de enviar a mostra a un laboratorio. É unha tecnoloxía similar á dos sistemas domésticos para controlar a glicosa que empregan as persoas diabéticas nos seus domicilios.

Publicidade

O proxecto

O proxecto Nanofluidetec está baseado en desenvolvementos científicos anteriores
e actuais do consorcio para obter un sistema que permita a detección do material xenético do SARS-CoV-2 en individuos sospeitosos de covid-19, de modo que se pretende miniaturizar, automatizar e simplificar o tedioso proceso de extracción do virus. Para iso integraranse as áreas de xenética, nanotecnoloxía, microelectrónica, fotónica, biotecnoloxía, fabricación e procesamento avanzado e o seu tratamento e operatividade a través das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).

A investigación pretende pretende miniaturizar, automatizar e simplificar o tedioso proceso de extracción do virus

Esta iniciativa innovadora está impulsada por tres compañías galegas e un centro público de investigación: AMSlab, laboratorio lucense líder en control de calidade de diferentes sectores e especialista no desenvolvemento de métodos analíticos innovadores; AMSbiopharma, que ofrece solucións analíticas a compañías da industria química, farmacéutica e biofarmacéutica con sede en Lugo e pertencente ao grupo AMSlab; BFlow, situada en Santiago de Compostela e especializada en solucións integrais de microfluídica e chips para a industria biotech, e o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela a través da unidade de investigación de Fluorescencia de Moléculas Individuais.

Publicidade

Programa Conecta Covid

Nanofluidetec está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), financiado con cargo aos Fondos FEDER e conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que dirixe Francisco Conde. A iniciativa empresarial está financiada a través do programa CONECTA COVID 2021 no marco do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A biotecnoloxía galega lanza a súa ofensiva en BioSpain para captar investimento

A feira que se celebra en Barcelona estima bater o récord da última edición, que contou con case 1.000 empresas e máis de 2.200 profesionais

Galicia impulsa unha nova era dixital coa combinación de ‘edge computing’ e 5G

Investigadores da Universidade de Vigo están a desenvolver edgeContinuum, unha plataforma pioneira, financiada a través do programa Ignicia da Xunta de Galicia, para optimizar custos e mellorar o control sobre os datos

Proxecto GOTIS: así é o fármaco galego que pode reducir as lesións do ictus isquémico

Un equipo do IDIS, apoiado polo plan Ignicia da Xunta, entra na fase preclínica para protexer ás neuronas dunha posible obstrución

MytUniSex impulsa as liñas unisex que marcarán o futuro do mexillón galego

O proxecto da Universidade de Vigo, beneficiario do programa Ignicia da Xunta, permite producir semente en laboratorio e escoller exemplares máis atractivos para o mercado a través da selección xenética natural