Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) abren o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2023. O obxectivo destes galardóns é recoñecer casos de éxito, tanto no ámbito investigador como empresarial, de transferencia de coñecemento en Galicia. O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata o 15 de abril e o procedemento deberase realizar por vía telemática.

Tres modalidades

Trátase da novena edición deste certame que convoca, de novo, tres modalidades. A primeira delas é o Premio Francisco Guitián Ojea, que recoñecerá un traballo de investigación aplicada. O galardón está dotado con 6.000 euros e premiará o éxito dun grupo de investigación na creación dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que deriven “claras aplicacións” para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. A este premio pode concorrer todo o persoal adscrito a centros de investigación de Galicia, incluídos centros tecnolóxicos.

Publicidade

A segunda modalidade é o Premio Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación. Tamén está dotado con 6.000 euros e irá destinado ao equipo creador da tecnoloxía transferida con máis éxito ao sector empresarial. Será válido calquera mecanismo de transferencia dende o grupo á empresa, como a adquisición de patente, o proxecto conxunto ou a creación dunha spin-off, entre outros. A este premio tamén pode concorrer todo o persoal adscrito a centros de investigación de Galicia, incluídos centros tecnolóxicos.

A terceira é última modalidade é o Premio Ricardo Bescansa Martínez a un caso de éxito empresarial de tecnoloxía transferida. Tamén con 6.000 euros, concederáselle a unha empresa que acredite a mellor implantación de tecnoloxía transferida dende un grupo de investigación galego. Igual que no premio anterior, será válido calquera mecanismo de transferencia dende o grupo á empresa. A este galardón poden concorrer empresas galegas ou que teñan o seu centro de traballo en Galicia.

Publicidade


Podes consultar as bases premendo nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas