O vídeo do incidente entre candorcas e un veleiro nas Rías Baixas

Este domingo, ás 18.30 horas, e a dúas millas de Corrubedo, o buque ‘Mirfak‘ que navegaba rumbo a Baiona para participar nunha regata, viuse sorprendido por un grupo de candorcas. A embarcación da Armada, que zarpara dende A Graña, e con seis tripulantes a bordo, comezou a ser acompañada por estes cetáceos, que de feito chegaron a rachar unha parte do seu timón.

No vídeo gravado por un dos seis tripulantes do ‘Mirfak’, podemos ver a sorpresa polo xeito de interactuar entre as candorcas e o buque.

Publicidade

Este incidente provocou que Salvamento Marítimo emitise un comunicado a todas as embarcacións para previr o encontro con este cetáceo, o de maior tamaño dentro dos considerados ‘golfiños oceánicos‘.

“Solicítase a todas as embarcacións que, en caso de avistamento, non tenten aproximarse, dean amplo resgardo e informen á estación costeira máis próxima ou a Salvamento Marítimo Fisterra“, di o comunicado emitido tamén por radio para previr do contacto con estes animais que miden máis de dez metros e que nos últimos anos comezan a ser vistos en augas de Galicia.

Publicidade

Nos últimos anos sucédense os encontros con estes cetáceos, que son o animal de maior tamaño da familia dos delfínidos, polo que na linguaxe común debería ser considerado como unha especie de golfiño e non de balea. Teñen un corpo pesado e groso, o lombo de cor negra e o ventre branco, ademais de manchas da mesma cor xunto aos ollos. Os machos das candorcas poden chegar a medir 9 metros e pesar 9 toneladas.

No ano 2017, circulou un vídeo no que mariñeiros de Muros avistaron unha candorca nas súas augas. Mentres que, en outubro do mesmo ano, foron avistadas dúas candorcas, ás que lles puxeron o nome de Corsica e Sonrisa, en tránsito dende Lisboa ata Galicia.

As candorcas Corsica e Sonrisa, en ruta de Portugal a Galicia

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía