Candorcas na ría de Muros: “Mi ma, que pasada!”

Outra boa nova para a biodiversidade das costas galegas. Despois do aluvión de avistamentos de baleas azuis destes últimos meses, agora son as candorcas (Orcinus orca) as que se deixan ver polas rías. Abel Carreño, do cerqueiro Romina Segundo, de Portosín, conseguiu gravar a un grupo delas nadando arredor do buque. Nun primeiro momento pensan que son toniñas, máis cando se achegan, debido ao seu gran tamaño, Abel e os seus compañeiros fican sorprendidos por ver que son candorcas. “Mi ma, son orcas, que pasada!“, exclama un deles.

A CEMMA tamén reacciounou a través das súas redes sociais ante o avistamento. “Anunciamos que viñan de camiño e non nos equivocamos!” Sinalan, con todo, que non hai información suficiente para ver se se trata do grupo que anteriormente fora avistado en Portugal. A coordinadora engadiu que “se ben non é algo tan excepcional como a (balea) azul, si son raras de ver aínda que pasan todos os anos fronte as nosas costas”.

Publicidade

Como son as candorcas?

A candorca, coñecida en castelán como orca, é un cetáceo, e o animal de maior tamaño da familia dos delfínidos, polo que na linguaxe común debería ser considerado como unha especie de golfiño e non de balea. Teñen un corpo pesado e groso, o lombo de cor negra e o ventre branco, ademais de manchas da mesma cor xunto aos ollos. Os machos das candorcas poden chegar a medir 9 metros e pesar 9 toneladas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Juanatey: “O maior reto da saúde cardiovascular en Galicia é o envellecemento activo”

O cardiólogo Juanatey, líder do proxecto New Heart na comunidade galega, explica como investigan as doenzas cardiovasculares e resalta a importancia da promoción dun estilo de vida saudable

“Meu querido e ademirado amigo”: as cinco cartas conservadas de Otero Pedrayo a Cabanillas

O Consello da Cultura Galega publica epístolas que revelan a amizade, complicidade intelectual e momentos vitais compartidos entre as dúas figuras destacadas

Que viu o telescopio Hubble o día que naciches? Descúbreo nesta ferramenta da NASA

A axencia espacial estadounidense actualiza a aplicación que permite consultar cinco imaxes en cada día do ano e compartilas en redes sociais

Un carrusel de frontes atlánticas asociado á borrasca Bruna acende a alerta en Galicia por fortes chuvias

Un río atmosférico procedente das rexións subtropicais do Atlántico achegará moita humidade á comunidade dende o Caribe