As candorcas Corsica e Sonrisa, en ruta de Portugal a Galicia

Unha manda de candorcas é todo un espectáculo estes días fronte á costa de Lisboa, na desembocadura do río Texo. Previamente, foran gravadas en Sesimbra pola organización Ecco Oceans. Agora, novos vídeos e imaxes amosan estes cetáceos en toda a súa grandeza no mar.

Ademais, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma)  asegura que é probable que estes grandes cetáceos continúen a súa viaxe cara ó Norte, chegando á costa galega. “Poida que veñan cara ao norte, desta volta algo atrasadas. Se é así, entre sete e dez días estarán á altura da costa galega”, afirmaba a organización a pasada fin de semana. Agora, a Cemma identifica neste audiovisual dous dos exemplares, que xa foran avistados en Galicia en anos anteriores. Trátase de Corsica e do cachorro Sonrisa. Con sorte, pronto poderemos avistalas nas augas das Rías Baixas.

Publicidade

Nesta galería algunhas fotos publicadas por Ecco Ocean e por Bernardo Queiroz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vacinas nasais: unha nova e prometedora vía para frear a transmisión dos virus respiratorios

A modalidade xera unha defensa intensa nas vías respiratorias superiores ao administrarse o aerosol ou as gotas directamente sobre a mucosa do nariz

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

Máis eficiente e sostible: así funciona o sistema galego que optimiza o uso do xurro como fertilizante

O proxecto Purinpreciso mide o nivel de nutrientes que require o solo en tempo real para adaptarse ás necesidades de cada explotación

Entre a volta ás aulas e o descenso da vacinación en Europa: cales son as vacinas necesarias na infancia?

O calendario infantil marca que os bebés recibirán a maior parte das súas doses durante o seu primeiro ano de vida