Un equipo galego propón redes de pesca máis eficientes e sostibles

A iniciativa da UDC permitirá crear estruturas que axudarán a diminuír o consumo de combustible

Un novo estudo permite mellorar a eficiencia das mallas utilizadas na pesca de arrastre. Segundo o cálculo feito polo Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), que traballan no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), os novos deseños poderían transformar o sector pesqueiro. O informe, titulado “Hidrodinámica de paneis de rede de malla romboidal anoada de polietileno”, foi publicado na revista Ocean Engineering.

A investigación liderada polos doutorandos Francisco Bottero e o seu titor de tese Manuel González, permite coñecer con máis precisión as forzas hidrodinámicas que experimentan as redes dun material concreto: a malla romboidal anoada de polietileno. Unha das principais conclusións é que as fórmulas tradicionais utilizadas para calcular as forzas de arrastre e sustentación non son completamente precisas para este tipo de redes.

Publicidade

Os investigadores desenvolveron un novo modelo matemático que permitirá crear estruturas máis eficientes coas que reducir a resistencia ao avance e optimizar o consumo de combustible. Ao mellorar o comportamento hidrodinámico das redes, favorécese unha maior selectividade nas pescas. Isto contribúe á redución de capturas non desexadas que, por non cumpriren cos requisitos comerciais ou legais, son devoltas ao mar. Deste xeito, o avance non só promove unha pesca máis eficiente, senón que tamén reforza a creación dun sector máis sustentable, ao minimizar o impacto ambiental e favorecer a conservación dos ecosistemas mariños.

Cara á eficiencia e a sostibilidade

O estudo desenvolveuse a través do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM) da UDC. As tecnoloxías deste espazo permiten simular o comportamento de redes de pesca, aparellos e manobras de buques, o que contribúe a mellorar a eficiencia nas prácticas deste ámbito. O obxectivo é evitar a realización de ensaios complexos e custosos en canais de experiencias hidrodinámicas, ou mesmo en alta mar.

Publicidade

Os resultados obtidos proporcionan novas ferramentas científicas que poden axudar o sector pesqueiro a mellorar as súas prácticas e avanzar cara a unha xestión máis eficiente e sostible dos recursos mariños. Algo necesario para un ramo que enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía