Realidade virtual contra o dano cerebral: un proxecto galego na vangarda internacional

Investigadores da Universidade de Vigo e Cruz Vermella desenvolven un sistema que combina actividade física con lentes de realidade aumentada

Combinar a realidade virtual con actividade física axuda a mellorar a vida de persoas con dano cerebral adquirido. Así o constatou un proxecto innovador desenrolado pola Universidade de Vigo e Cruz Vermella que vén de ser presentado recentemente en Lugo.

Ao longo de case cinco meses, un grupo de 14 persoas sometéronse a un experimento para valorar a posibilidade de aplicar a realidade virtual aos tratamentos para persoas que sofren as consecuencias de accidentes cardiovasculares, traumatismos cranioencefálicos, tumores ou infeccións cerebrais.

Publicidade

Durante 19 semanas, os participantes poñíanse lentes de realidade aumentada nos que realizaban exergames, videoxogos cunha compoñente física. Isto combinábase cun cicloergómetro, unha bicicleta estática que tamén permite traballar cos brazos e outras partes do corpo.

Os resultados foron unha mellora da capacidade funcional con “avances significativos en forza muscular e autonomía”. Os participantes tamén viron aumentada a súa flexibilidade cognitiva, alén doutras melloras a nivel físico e mental.

Publicidade

Ampliación do estudo

Agora, os promotores desta iniciativa encabezada polo investigador e profesor Pablo Campo pretenden ampliar o proxecto para aumentar a mostraxe e avaliar a posibilidade de levalo a outros campos.

O seguinte paso é abordar aspectos de estimulación neurocognitiva. Desta volta, farase a través dun novo programa de exercicio físico que elevará a intensidade á que se someterá aos participantes.

O estudo, pioneiro no seu ámbito, foi desenvolvido no Centro de Parálise e Dano Celebral de Cruz Vermella na localidade de Ribeiras de Lea, no concello lugués de Castro de Rei. As súas conclusións recóllense nun artigo publicado recentemente na revista científica Journal Electronics.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade