Investigadores galegos redefinen o futuro das células solares

Un estudo da Universidade da Coruña abre a porta ao uso de materiais cun menor impacto ambiental e maior eficiencia

Un equipo de investigadores internacionais deu un gran paso adiante na fabricación de paneis solares. O seu estudo, coliderado por Xabier Rodríguez, do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña, foi publicado na prestixiosa revista Advanced Energy Materials. O traballo conseguiu avanzar no deseño de células solares orgánicas máis grosas e eficientes, o que permitiría utilizar materiais cun menor impacto ambiental e maior eficiencia.

O grupo de traballo analizou un total de 720 células solares con 20 combinacións de materiais diferentes para entender que fai que algúns funcionen mellor que outros cando a capa activa é máis grosa. Así puideron identificar patróns e facer predicións sobre que combinacións poderían ser máis eficientes.

Publicidade

Para comprender como se comportan a nivel electrónico as células solares, o equipo recorreu a simulacións avanzadas de Monte Carlo Cinético e ferramentas de aprendizaxe automática. Os modelos preditivos mostraron que a clave para mellorar o rendemento das células solares é usar materiais que absorban a luz de maneira complementaria e en proporcións equilibradas. Isto permite aproveitar mellor a luz e aumentar a eficiencia de conversión en electricidade, mesmo cando as capas son máis grosas.

A importancia do grosor da capa activa

Nunha célula solar orgánica, a capa activa é a parte que absorbe a luz e a converte en electricidade. En teoría, facer esta capa máis grosa debería permitir capturar máis luz e xerar máis electricidade, pero na práctica non sempre é así. Algúns materiais perden eficiencia a medida que aumenta o grosor, mentres que outros seguen funcionando ben.

Publicidade

O estudo identificou dous grandes grupos de materiais orgánicos fotoactivos. Dunha banda, materiais sensibles ao grosor, que perden eficiencia, e doutra, compoñentes resistentes que seguen funcionando ben mesmo con maiores espesores.

O equipo de investigación confía en que este achado axude a mellorar a estabilidade e o rendemento das células solares orgánicas. Desta forma, achegaríanse un paso máis ao seu uso comercial, tanto en ambientes interiores (dispositivos IoT para Internet das Cousas) como exteriores. Tamén serviría para certas aplicacións concretas, como invernadoiros.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación

A contaminación atmosférica podería estar detrás do aumento das crises de xaqueca

Un estudo internacional sinala que o número de visitas ao hospital de persoas con síntomas aumenta durante os días nos que hai maiores niveis de polución
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra