Publicidade

Que é a febre aftosa, a enfermidade supercontaxiosa que ten en alerta a Europa

O virus que afecta a vacas, ovellas ou porcos obrigou hai 24 anos a sacrificar 10 millóns de animais no Reino Unido

Varios países do centro e do leste de Europa conteñen a respiración namentres estreitan os controis fronteirizos. O obxectivo é conter a expansión da febre aftosa, un virus temido pola súa alta transmisibilidade que foi detectado xa en varias explotacións en gandeiras de Eslovaquia e Hungría. As medidas para evitar a súa propagación están a provocar grandes retencións nas fronteiras do arredor.

A febre aftosa está considerada unha das enfermidades víricas máis contaxiosas. Afecta á familia dos mamíferos ungulados, é dicir, os que teñen o pezuño dividido en dous. Caracterízase por ter unha dose infectiva moi baixa, concentracións de virus nas secrecións, unha alta variedade das posíbeis vías de contaxio, persistencia nos aerosois, rápida replicación e un breve período de incubación.

Publicidade

O virus, capaz de resistir aos tratamentos desinfectantes e de viaxar mesmo nas rodas dos camións dedicados ao transporte de gando, pode transmitirse por contacto directo entre espécimes sans e enfermos, mediante material contaminado (de orixen animal ou non), pola vía aérea e mediante a inseminación artificial.

Deste xeito, a identificación dun caso debe levar aparellada unha rápida reacción. “Hai que detectala de forma moi temperán e tomar medidas moi drásticas. Normalmente fanse sacrificios de zonas enteiras”, relata o decano da Facultade de Veterinaria da USC no Campus Terra de Lugo, Gonzalo Fernández, que recorda o gromo desta doenza que afectou a Inglaterra, Francia e outros países europeos hai máis de 20 anos.

Publicidade

No ano 2001, o Reino Unido sufriu unha epizootia, o termo que equivale nos animais a unha epidemia para os seres humanos. O primeiro caso foi identificado en febreiro nun matadoiro de Brentwood, no condado inglés de Essex. A rápida expansión do virus obrigou a sacrificar preto de 10 millóns de cabezas de gando. A enfermidade chegou un mes despois a Francia e, posteriormente, a Holanda e Irlanda. Porén, as consecuencias foron menos dramáticas neses países.

“É moi importante estar vixiante, detectar canto antes e controlar os movementos de animais desde zonas que teñan a infección á tu zona”, sinala Gonzalo Fernández, que subliña que a enfermidade non é transmisible aos seres humanos.

Consecuencias económicas

A súa rápida transmisión non vén aparellada cun risco serio de mortaldade entre os animais. O problema para as explotacións radica no impacto económico que provoca a súa aparición en explotación gandeiras, que ven seriamente afectada a súa produción.

“É unha enfermidade na que as medidas drásticas son a única solución. Non tomar medidas como os controis nas fronteiras nun principio significa despois tomar medidas demasiados custosas“, conclúe o decano de Veterinaria na USC.

1 comentario

  1. Gandeiría intensiva: eis as consecuencias. Semella que non queremos entender que, ou aximos ecolóxicamente, pro natura, ou a gandeiría coma calquer actividade agraria ( ou outras) é totalmente insustentábel (e deberíannos ensinar o auténtico significado de ‘sustentábel’ pra comenzar). Son dunha destas zonas de gandeiras no norte da Terra Chá e vexo ano a ano a involución desta actividade, evidentemente ó servizo do grande capital, con grandes prexuízos pro meio abiene e polo tanto pras persoas que o habitan. Máis por poñer un pequeno exemplo que contribúen ou afectan a estas doenzas do vacún, observo que os pastos están totalmente desnaturalizados, ausentes de herbas que son esenciais pro sistema inmune e concretamente respiratorio destes animais (tamén das persoas), como é a língua de ovella (plantago lanceolata e major) e outras muitas que adoitaban poboar as pradeiras da nosa terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nin refuxio, nin comida: o eucalipto reduce á metade a presenza de aves nos montes galegos

Un estudo da USC recomenda intercalar faixas de especies autóctonas para mitigar o impacto dos eucaliptais na avifauna

Google ou ChatGPT: cal diagnostica mellor os teus síntomas? Un estudo galego ten a resposta

Unha investigación do CiTIUS determina que os modelos de IA teñen unha taxa de acerto de ata o 90% pero a súa fiabilidade dependerá do contexto

Da botánica á psiquiatría: o saber científico de Rosalía de Castro máis alá da súa poesía

A USC inaugura no Colexio de Fonseca unha exposición sobre o vínculo da autora galega coa ciencia e co pensamento ilustrado do século XIX

Un catedrático da USC saca á luz un escrito inédito de Quevedo

O texto do autor do Século de Ouro datado en 1633 confirma o enfrontamento do escritor co conde-duque de Olivares