Pódcast | Os virus e zoonoses do cambio climático

Neste episodio abordamos o papel da crise climática na propagación de patóxenos que fará que teñamos que afrontar novas enfermidades

O 18 de novembro de 2022 detectáronse os primeiros casos en España da enfermidade
hemorráxica epizoótica en vacas
. Uns días antes fora identificada na illa de Sardeña, en Italia, e era cuestión de tempo que chegase a Galicia. Non hai vacinas nin tratamento e é moi difícil controlar a súa expansión. Non é contaxioso para os seres humanos e propágase pola picadura de insectos do xénero Culicoides. Esta e a lingua azul son as dúas enfermades víricas que máis afectan a Galicia na actualidade. O cambio climático e a globalización están a provocar que os patóxenos se propaguen a áreas xeográficas novas, e os científicos agardan que nos vindeiros anos teñamos que enfrontar novas enfermidades.

Para comprender esta cuestión e para abordar outras como as resistencias aos antibióticos, no oitavo episodio de Investigar na USC falamos con Gonzalo Fernández, decano de Veterinaria da universidade. Explícanos que o cambio climático está influíndo de forma directa nas enfermidades que se trasmiten por vectores. “O clima fai que se multipliquen en zonas onde antes non as había”, apunta. O decano ponnos tamén ao día sobre as enfermidades ás que os científicos miran e que poderían entrar en Galicia nos próximos anos.

Publicidade


Episodio realizado por Alba Tomé

Edición: Carlos Tresandí

Publicidade


Escoita Investigar na USC en: SpreakerSpotifyIvooxiHeartGoogle PodcastsDeezerPodcast AddictJioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"