Máis do 14% da poboación mundial pasou a enfermidade de Lyme

A mordida das carrachas, animais que transmiten a infección é cada vez máis habitual en todo o mundo, coa maior taxa en Europa Central

Unha nova revisión, publicada recentemente, estima que máis do 14% da poboación mundial presentou nalgún momento da súa vida a enfermidade de Lyme, afección provocada polo incremento da poboación de carrachas e polos cambios na actividade humana. A investigación, publicada na revista BMJ Gobal Health, revelou que Europa Central ten a taxa máis alta de infección, cun 20%, sendo os homes maiores de 50 anos que vivían en áreas rurais os que estaban en maior risco de infección.

​Os síntomas que provoca a mordida dunha carracha infectada son varios e afectan a diversos órganos, pero os máis habituais son a aparición de proídos e síntomas similares aos da gripe, como dor muscular e articular, dor de cabeza, náuseas e vómitos.

Publicidade

Para saber como de común é a enfermidade de Lyme en todo o mundo, os investigadores recompilaron datos de ata 89 estudos. Finalmente comprobaron que a bacteria Borrelia burgdorferi, que causa a enfermidade, atopouse no sangue do 14,5% dos case 160.000 participantes.

“Esta é a revisión máis completa e actualizada da prevalencia mundial da enfermidade”, explican os investigadores. Despois de Europa Central, as rexións coas taxas de anticorpos máis altas foron Asia Oriental cun 15,9%, Europa Occidental cun 13,5% e Europa Oriental cun 10,4%. Mentres tanto, o Caribe tivo a taxa máis baixa, con só un 2%.

Publicidade

Aumento da poboación en risco de infección

Investigacións anteriores demostraron que a prevalencia de enfermidades transmitidas por carrachas duplicouse nos últimos 12 anos. De feito, en Europa, Lyme é considerada unha patoloxía emerxente e en España produciuse un aumento das hospitalizacións de ata o 191,8% nos últimos anos. Ademais, tal e como explicou para un recente artigo de GCiencia o decano da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Gonzalo Fernández Rodríguez, en Galicia os casos de enfermidade de Lyme tamén están indo en aumento, afectando a poboación case todo o ano.

As razóns do aumento incluíron veráns máis longos e secos debido ao cambio climático, a migración de animais, a perda de hábitat e o “contacto cada vez máis frecuente coas mascotas”, segundo expón o estudo. Ademais, os granxeiros e traballadores que adoitan estar en contacto con cans e ovellas, presentan un maior risco de ser picados por unha carracha infectada.

Os datos poderían estar nesgados en rexións onde a enfermidade de Lyme é endémica

A investigación realizada tamén advirte que os datos poderían estar nesgados en rexións onde a enfermidade de Lyme é endémica, xa que é máis probable que se realicen probas regulares de anticorpos entre a súas poboación, en comparación cos lugares onde esta enfermidade é menos común.

Finalmente os autores indicaron que aquela investigación que usaba a técnica analítica chamada western blot era máis confiable e que o seu uso “podería mellorar significativamente a precisión de futuros estudos sobre a enfermidade”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais