Bos días para ver pasar a Estación Espacial sobre Galicia

Chegan días bos para ver pasar sobre Galicia a Estación Espacial Internacional. Os ceos despexados e a nitidez producida polo intenso frío na atmosfera fan que a visión sexa máis clara. Nestas datas, o xigante orbital aparecerá pouco antes do amencer. Poderemos vela sucando o ceo xusto cando marchamos traballar ou estudar, a primeira hora, aínda de noite.

A ISS aparece como un pequeno punto branco que se move polo ceo a grande velocidade, xa que esta nave orbita arredor da Terra a uns 400 quilómetros de altura, a unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora (preto de 8 km/s).

Publicidade

A Estación Espacial está a cruzar o ceo continuamente, ás veces gravando o territorio de Galicia.  Tamén tomando retratos do país dende a órbita da Terra. Pero  non sempre é visible, xa que iso depende de diversos factores, entre eles a nubosidade. Tamén depende da latitude na que orbite en cada xornada.

Para observala en boas condicións, cómpre afastarse da contaminación lumínica das cidades e situarse en lugares elevados onde haxa un bo campo de visión.

Publicidade

Pasos previstos para os vindeiros días sobre Galicia.

Entre os pasos previstos máis notables dos vindeiros días está o deste mércores 9 de xaneiro ás 7.33 horas, cando alcanzará unha magnitude aparente de 3,8. Sobre Galicia están previstos un ou dous pasos diarios durante os vindeiros sete días, sempre entre as 6.30 e as 8.15 da mañá, nos últimos momentos antes do amencer.

Podes consultar os próximos pasos da Estación Espacial Internacional sobre a túa localidade na web de Estación Espacial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo